PARABÉNS NAYARA!!!

Hoxe a nosa compañeira Nayara está de aniversario e trouxo un gran biscoito para celebralo con todos nós. Despois de soprar as candeas, entoamos na súa honra o "Cumpreanos Feliz".





Non pensedes que non houbo coroa, só que andivemos algo atarefados e esquecimos poñela pero habela, houboa.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PROXECTO "OS GOLFIÑOS"

O nome do noso blogue ven dado porque a nosa clase recibe ese nome. Chámase así porque así o decidimos entre todos. Foi unha decisión difícil de tomar xa que había varios nomes que optaban ao título pero unha votación máis que democrática fixo que ao final saise vencedor o nome de Golfiños.

E visto o interese que suscitou en nós o tema dos Golfiños, decidimos tamén aprender algo sobre eles. Por iso a nosa profe pediunos información e cousas deses animais. Trouxemos un montón de libros, contos, golfiños de xoguete, fotos, información sacada da rede... E con todas esas cousas establecimos na aula o Recuncho do Proxecto, mirade como nos quedou:






Xa estamos traballando e aprendendo cousas pouco a pouco, vos iremos ensinando o noso traballo.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PARA LEMBRAR

Tódolos días, a eso das 11 da mañá, e antes de sair ao recreo, adicamos un tempo ás MERENDAS. Con idea de que faigamos uns almorzos saudables, cada día da semana está adicado a uns alimentos en concretos.

Para telos sempre presente, aquí vos deixo o calendario desas merendas.





  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

E para comezar ben o curso nada mellor que unha celebración. E de celebracións estivemos, nin máis nin menos que 3 aniversarios tivemos estes últimos días de setembro.

O primeiro en celebrarse foi o de Teresa, despois veu o de Adriana e finalmente o de Diego. Todos eles compartiron cos seus compañeiros uns riquísimos biscoitos. E como non, tamén houbo coroa e candeas.

Parabéns aos tres!!!






  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS