EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO

Como xa sabedes o vindeiro 12 de Abril iremos de excursión á CASA DO QUEIXO, que se atopa no concello coruñés de Sobrado dos Monxes.


Para que vós, os pais e nais, poidades ver e saber algo máis da visita que van a facer os vosos pequenos déixovos o enlace da páxina web da Casa do Queixo na sección de Webs de interese. Tamén pinchando na foto poderedes aceder á citada web.





  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

A RODA DOS ALIMENTOS

Como ao longo de este trimestre estivemos traballando aspectos relacionados co Corpo e co seu coidado e alimentación, decidimos elaborar a nosa particular Roda dos Alimentos. Desta forma, vimos todas as clases de alimentos sabendo xa que temos que comer de todo para facer unha dieta sá e equilibrada e poder así medrar moito, fortes e sáns.


Para facela empregamos folletos das ofertas dos supermercados e neles fomos buscando todos os alimentos. Fixémolo en grupos conseguindo así traballar a cooperación e a colaboración entre os compañeiros. Unha vez que tiñamos todos os alimentos fómolos pegando no lugar correspondente.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PREMIO "EDUCANDO CON AMOR"

Da man de Bea e os seus peques chéganos este premio. GRAZAS.





Os nosos 4 nominados son:

Juana, de OS TRASNOS DE PORTOFARO

Ana, de AS COUSAS DA NOSA CLASE

Mestras de Infantil, de OS PARRULOS DA RÍA

e Belén, de AS TIC'S EN EDUCACIÓN INFANTIL


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

SEMANA DA PRENSA

Desde o luns 8 ata o venres 12 de marzo celebrouse nos centros educativos a Semana da Prensa, según sinala o Calendario Escolar(Orde do 15 de xuño de 2009). Esta orde tamén sinala que alomenos un día desa semana débese adicar ao traballo na aula da prensa.
E como nós somos moi obedientes, o venres estivemos a traballar cos periódicos que tiñamos na aula. Primeiro falamos un pouco sobre se algunha vez os viramos na nosa casa, se os coñecíamos, se os nosos pais e nais os lían... Despois a profe Cris explicounos un pouco as diferentes seccións dos periódicos e vimos os nomes dos mesmos aproveitando así para traballar a lectoescritura e observar diferentes tipos de fontes e textos.
Para rematar o día, un xogo: en equipos tiñamos que buscar no periódico que tiñamos as secións que Cris nos ía dicindo. Foi divertido á par que educativo e agora xa sabemos algo máis da prensa.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

NOVA VISITA Á PIZARRA DIXITAL

Esta semana volvimos á aula de informática para empregar a PDI, Pizarra Dixital Interactiva. Nesta ocasión servímonos dunha aplicación atopada na rede para traballar o trazo das letras minúsculas.




Pasámolo ben cos rotuladores especiais da pizarra así como co seu borrador máxico e ao mesmo tempo aprendimos e practicamos as minúsculas que agora que xa logo imos para primeiro temos que ir aprendéndoas.




Esperemos a profe Cris nos volva a levar outro día para seguir aprendendo cousas e descubrindo os usos das novas tecnoloxías. Deixámosvos unhas fotos.

P.D.: Esqueciamos darlle as grazas a Chus, que nos acompañou e nos sacou as fotos. GRAZAS CHUS!!!










Esta foi a aplicación que usamos. Atopámola en http://marife.wordpress.com/. Tedes o enlace na columna da dereita.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

MILLÓNS DE GRAZAS A TOD@S!!!

Quixera dar as grazas a tod@s aqueles que estades a deixar comentarios sobre o blogue dos Golfiños na páxina de Edublogs Premio Espiral '10. Sabiamos que non nos faltaría apoio pero estamos sorprendidos con tanto comentario así que..................... NON DEIXEDES DE SORPRENDERNOS!!!!!!!!!!!
Mil biquiños.


Glitter Text GeneratorGlitter Text GeneratorGlitter Text GeneratorGlitter Text GeneratorGlitter Text GeneratorGlitter Text Generator
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

XA SE PODEN DEIXAR COMENTARIOS!!!!

Informámosvos de que xa podedes deixar os vosos comentarios para axudarnos a acadar o IV PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS. Se facedes clic no logo do premio na columna da dereita accederedes á páxina web e alí buscade o noso blogue no apartado de "BLOGS DE PROFESORES E PROFESORAS DE INFANTIL".

NON TEMOS DÚBIDAS DE QUE DEIXAREDES UN MONTÓN DE COMENTARIOS.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

CHEGAMOS ÁS 2.000 VISITAS


Xa chegamos ás 2.000 visitas!!! e todo grazas a vós que nos apoiades e seguides con tanto entusiasmo. Sen vós este blogue non tería sentido porque esta fiestra aberta ao mundo é para que sempre haxa alguén mirando por ela pero sabemos que todos e cada un de vós non deixades nunca de asomarvos á nosa particular xaneliña.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

IV PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS

Pois si, presentámonos ao Premio Espiral 2010!!! Non sabemos se levaremos premio ou non pero temos claro que xa é un gran premio participar xunto con moitísimos blogues coma o noso.


Precisamos a vosa axuda e que nos deixedes moitos comentarios. De momento aínda non se poden deixar pero avisarémosvos en canto se poida.


Contamos coa vosa colaboración e dámosvos as grazas por adiantado.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS