GRAZAS A TOD@S

Chegamos ás 3.000 visitas!!!. Non foi un camiño fácil pero nel sentímonos moi respaldados por pais, nais, compañeir@s, outros profes e outras persoas que de vez en cando entrades na nosa xaneliña para ver o que andamos a facer.
Sabemos que non vos gusta moito deixar comentarios pero unha vez máis animámosvos a que o faigades xa que a nós fainos moita ilusión cando temos algún novo.
Bueno, aínda quedan dous meses de curso así que confiamos en poder ampliar ese número e lembrade que sen vós, este blogue non tería sentido. MIL GRAZAS!!!
DÍA DO LIBRO

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL - LETRAS GALEGAS 2010
- Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema: a cidade.
- Debuxos: feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema: a cidade.
2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais.
3.-Establécense 3 categorías: A, ata 8 anos, B de 9 a 11 anos, C de 12 a 16 anos.
4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 6 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA MUNICIPAL.
5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, selecionará por cada modalidade e categoría un máximo de 3 traballos.
6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público antes do DIA DAS LETRAS GALEGAS.
Animádevos a participar Golfiñ@s, a vosa modalidade sería a de Debuxo. Se queredes a folla dos datos persoais non tedes máis que pedirma.
NON PUIDO SER
A verdade é que competíamos con blogues moi elaborados nos que podíamos atopar moitísimos recursos e enlaces a páxinas educativas. Xa estivemos mirando os blogues finalistas para seguir aprendendo e mellorando.
De tódolos xeitos, douvos as GRAZAS a todos os que durante estes días entraste no noso blogue e nos deixastes algún comentario na páxina do concurso. As vosas visitas e os vosos comentarios son os que nos dan forzas para seguir co blogue. A TOD@S GRAZAS!!! E por certo, en breves chegaremos ás 3.000 visitas...
WEB DO CEIP ALVARO CUNQUEIRO
CASA DO QUEIXO
IMOS DE EXCURSIÓN!!!!

Pois si, xa case chegou o día!!! O vindeiro luns imos de excursión á Casa do Queixo. Marcharemos ás 9.30 do colexio acompañad@s dos nosos mestres: Amparo, Javi, Mª José Gayoso, Ana, Cris, Mª José Fidalgo e tamén nos acompañará María, a coidadora.
Déixovos unhas pequenas indicacións para ese día:
- Non levaremos mochila. As profes levarán galletas e auga por se cando cheguemos a Sobrado temos algo de fame.
- Levaremos unha gorra para que Lourenzo non nos queime demasiado.
- Vestiremos ROUPA E CALZADO CÓMODO. Se vemos que chove levaremos un calzado que nos protexa da choiva.
- Non necesitamos cartos polo que non levaremos nin un céntimo. Alí temos todo pagado.
- Se nos mareamos, tomaremos algo antes de sair e podemos levar tamén para a volta, dándolle o que sexa á profe ao subir ao bus. A profe xa se encargará de que o tomemos antes de volver para Mondoñedo.
- No bus, iremos ben sentadiños cos cinturóns postos, sen berrar e sen poñer os pés nos asientos. Todo esto é importante, o condutor non pode distraerse con nós.
- Na Casa do Queixo obedeceremos aos monitores e monitoras. Eles son coma os nosos profes e temos que facerlles caso en todo momento. Se a profe se entera de que esto non é así teremos que tratar un pequeno castigo... e non nos gustaría, verdade????
- E por último, HAI QUE TRAER UNHA GRAN DOSE DE GAÑAS DE PASALO BEN E DISFRUTAR DUN DÍA ESPECIAL.
Bueno e creo que nada máis. Lembrarvos que voltaremos sobre as 6 da tarde, aproximadamente. Se nos retrasamos un pouquiño que os papis e mamis non se preocupen, as viaxes xa sabemos como son e pode surxir calquer imprevisto. De todas formas, no colexio estarán en contacto cos profes e saberán en todo momento onde e como estamos.
Ahhhhhhhhhhhhhhhhhhhh, xa se me olvidaba unha cousa. O DOMINGO HAI QUE DEITARSE ALGO MÁIS CEDO DO HABITUAL PARA IR BEN DESCANSADIÑOS.
B E N V I D O Z A K A R I A ! ! !
Desde o martes temos un golfiño novo. Chámase Zakaría, e como xa o coñecíamos a adaptación foi rápida e fantástica. Dámoslle a benvida a Zakaría e desexamos que aprenda moitas cousas con nós.
2 DE ABRIL - DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
ESTO ADICÁMOSLLO A TODOS OS NENOS E NENAS AUTISTAS PERO MOI ESPECIALMENTE AO NOSO COMPAÑEIRO ABEL.
FELICES VACACIÓNS

Ola Golfiñ@s!!!
Espero que esteñades pasando unhas boas vacacións, que esteñades descansando e ao mesmo tempo disfrutando do tempo libre. Repoñede forzas porque despois desta semaniña espéranos moito traballo, a excursión á Casa do Queixo e a recta final do curso.
Durante estes días poñereivos novos recursos para que poidades disfrutar aprendendo. Biquiños da Profe Cris.
