Mostrando entradas con la etiqueta EXCURSIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXCURSIÓN. Mostrar todas las entradas

CASA DO QUEIXO

Por fin o pasado luns chegou o tan esperado día da excursión. Ás 9:30 poñiamos rumbo á Casa do Queixo: ben sentadiños, co cinturón de seguridade posto e con moitas ganas de pasalo ben e aprender moitas cousas.
Chegamos a destino cerca das 11 da mañá e alí xa nos esperaban os nos@s monitores para dividirnos en 4 grupos ben identificados cunhas gravatas de cores: AZUL, GRIS, AMARELO E LARANXA. Cada grupo iría pasando de maneira rotatoria polas diferentes actividades que nos tiñan preparadas ao longo da mañá e da tarde.
GRANXA: na que poidemos aprender moitas máis cousas de animais como a avestruz, o poni, as ovellas, as cabras, os porcos, o cabalo... Tamén poidemos darlle de comer a algún destes animais.
ELABORACIÓN DO QUEIXO: quizais foi unha das actividades máis novedosas para nós. Nela poidemos saber que precisabamos para elaborar queixo e fixemos o noso propio queixiño. Leite, sal e callo(cuajo) son os ingredientes necesarios para poder facer tan rico alimento.
PROCESO DA LÁ: este tamén foi un obradoiro moi interesante. Nel poidemos ver o proceso de limpar, cardar e fiar a lá
HORTO: vimos todo o relacionado coas plantas e coa horta, aprendendo o nome dos utensilios de labranza e empregándoos no horto da Casa do Queixo.
A comida levouse a cabo nun gran comedor onde saboreamos tortilla, macarróns e iogur. A verdade é que nos veu moi ben repoñer forzas para poder rematar a xornada.
Xa ás 16:30 volvimos a montar no bus para volver a Mondoñedo. O cansancio fíxose notar e algúns viñemos disfrutando dunha boa sesta.
Todo transcorreu con normalidade, portámonos moi ben e vivimos unha experiencia inolvidable.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

IMOS DE EXCURSIÓN!!!!


Pois si, xa case chegou o día!!! O vindeiro luns imos de excursión á Casa do Queixo. Marcharemos ás 9.30 do colexio acompañad@s dos nosos mestres: Amparo, Javi, Mª José Gayoso, Ana, Cris, Mª José Fidalgo e tamén nos acompañará María, a coidadora.

Déixovos unhas pequenas indicacións para ese día:




  • Non levaremos mochila. As profes levarán galletas e auga por se cando cheguemos a Sobrado temos algo de fame.


  • Levaremos unha gorra para que Lourenzo non nos queime demasiado.


  • Vestiremos ROUPA E CALZADO CÓMODO. Se vemos que chove levaremos un calzado que nos protexa da choiva.


  • Non necesitamos cartos polo que non levaremos nin un céntimo. Alí temos todo pagado.


  • Se nos mareamos, tomaremos algo antes de sair e podemos levar tamén para a volta, dándolle o que sexa á profe ao subir ao bus. A profe xa se encargará de que o tomemos antes de volver para Mondoñedo.


  • No bus, iremos ben sentadiños cos cinturóns postos, sen berrar e sen poñer os pés nos asientos. Todo esto é importante, o condutor non pode distraerse con nós.


  • Na Casa do Queixo obedeceremos aos monitores e monitoras. Eles son coma os nosos profes e temos que facerlles caso en todo momento. Se a profe se entera de que esto non é así teremos que tratar un pequeno castigo... e non nos gustaría, verdade????


  • E por último, HAI QUE TRAER UNHA GRAN DOSE DE GAÑAS DE PASALO BEN E DISFRUTAR DUN DÍA ESPECIAL.


Bueno e creo que nada máis. Lembrarvos que voltaremos sobre as 6 da tarde, aproximadamente. Se nos retrasamos un pouquiño que os papis e mamis non se preocupen, as viaxes xa sabemos como son e pode surxir calquer imprevisto. De todas formas, no colexio estarán en contacto cos profes e saberán en todo momento onde e como estamos.


Ahhhhhhhhhhhhhhhhhhhh, xa se me olvidaba unha cousa. O DOMINGO HAI QUE DEITARSE ALGO MÁIS CEDO DO HABITUAL PARA IR BEN DESCANSADIÑOS.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO

Como xa sabedes o vindeiro 12 de Abril iremos de excursión á CASA DO QUEIXO, que se atopa no concello coruñés de Sobrado dos Monxes.


Para que vós, os pais e nais, poidades ver e saber algo máis da visita que van a facer os vosos pequenos déixovos o enlace da páxina web da Casa do Queixo na sección de Webs de interese. Tamén pinchando na foto poderedes aceder á citada web.





  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS