DÍA DA PAZ

Como o día da Paz é o 30 de Xaneiro e este ano caeu en sábado, no noso colexio celebrámolo o pasado venres pero xa o levamos traballando durante toda esta semana.

Desde o luns, a profe Cris explicounos porque se celebraba o Día da Paz e soubemos que a ONU foi a que estableceu dita celebración en homenaxe a Mahatma Gandhi, un gran defensor da Paz Mundial que foi asasinado un 30 de Xaneiro aló polo ano 1948.

Durante a semana preparamos o mural da Paz, as nosas coroas para a celebración, ensaiamos a canción e falamos sobre o significado da palabra PAZ. E con todo esto quedounos clara unha cousa: A PAZ DEBE EXISTIR TODOS OS DÍAS DO ANO!!!

Deixámosvos unha foto de grupo e unha frase de Mahatma Gandhi:





"Non hai camiño para a Paz, a Paz é o camiño"
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

VISITA DE MARCO

O pasado mércores 27 de Xaneiro recibimos a visita de MARCO, un amigo da profe Cris. Marco é canario pero está vivindo en Foz xa que é entrenador de baloncesto e esta tempada entrena aos Celtas de Foz. Tamén foi xogador de basket e mide máis dun metro noventa, é dicir, É MOI ALTO!!!

A súa visita debeuse a que a unidade que estamos a traballar trata sobre o Corpo Humano e os cambios que este sufre debido ao crecemento según avanzamos en idade. Marco falounos dos beneficios de facer deporte para a nosa saúde e tamén para o noso crecemento. Díxonos tamén que ese exercicio debe de ir acompañado dunha boa alimentación e que DEBEMOS COMER DE TODO.

Grazas a Marco poidemos ver que non todas as persoas medran igual. Así vimos a diferencia que había entre a profe e Marco, que a pesar de ter a mesma idade non medraron o mesmo.

Comparamos tamén as nosas extremidades coas de Marco e chegamos á conclusión de que aínda nos queda moito por comer para poder ter as pernas e os brazas tan longos que tén Marco.

En definitiva, foi unha actividade distinta pero que nos resultou moi gratificante e coa que aprendimos moitísimas cousas. Por iso lle damos as GRAZAS A MARCO.










  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PARABÉNS LORENA






Aínda que o seu cumple era o sábado 23 de Xaneiro, Lorena quixo celebralo cos seus compañeiros e compañeiras cun día de anticipo. Así o venres tróuxonos un rico biscoito de chocolate que lle fixo a profe Amparo e que estaba boísimo. Como non podía ser doutra forma, houbo candeas, Cumpreanos Feliz e uns agasallos que Lorena lles quixo facer aos seus compis.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

BELÉN DE BEGONTE


Por fin o pasado luns poidemos ir a visitar o Belén electróncio de Begonte. A visita xa estaba programada para antes das vacacións de Nadal, pero daquela as condicións metereolóxicas non nolo permitiron.
Aos Golfiñ@s tocounos ir no primeiro turno, xunto cos peques de 3 anos. Chegamos a Begonte cerca das 10 e media e nada máis baixarnos do autobus entramos a ver o Belén. Un rapaz púxonos en funcionamento todo o que alí había e poidemos ver como as figuriñas facían cada unha o seu traballo. Gustounos moito o paso do día á noite, coa tormenta incluida, a aparición da lúa, do anxo... Tamén nos gustaron moito unhas cabras que andaban a brincar por alí así como os Reis Magos cando fixeron a súa aparición.
Aquelo durou pouco e tivemos que sair xa que o seguinte turno(4 anos e 2º) xa estaban a esperar para entrar eles. De camiño a Mondoñedo fómonos cruzando cos nosos compañeiros que levaban a mesma ruta que levamos nós ás 9 e media.
Foi unha mañá atípica e creo que nos soubo a pouco.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

EDUCACIÓN E RESPETO





Xa que está tan preto a celebración do Día da Paz(30 de xaneiro) quixera resaltar dous valores fundamentais nesta vida, valores que desde a escola intento transmitir aos meus alumnos e alumnas diariamente. Dous valores como son a EDUCACIÓN e o RESPETO.

EDUCACIÓN non só se refire á transmisión de coñecementos, valores, costumes e formas de actuar. A Educación é un proceso de socialización e endoculturización das persoas a través do cal se desenrolan capacidades físicas e intelectuais, habilidades, destrezas, técnicas de estudio e formas de comportamento ordeadas cun fin social(valores, moderación do diálogo-debate, traballo en equipo...).

RESPETO é o recoñecemento de que algo ou alguén ten valor. Podemos definir Respeto como a base do sustento da moral e da ética. Por iso non podemos confundir Respeto con algunha conducta en particular, como os bos modais ou a amabilidade. O Respeto é algo diferente a esto, é unha actitude. E esta actitude nace co recoñecemento do valor dunha persoa. Dicía Kant, na súa filosofía moral, que todos os seres humanos deben ser respetados porque son un fin en si mesmos. Ao ser un fin en si mesmos posúen un valor intrínseco e absoluto. Immanuel Kant chamáballe a este valor, DIGNIDADE.

Pola importancia de estes dous grandes valores, os adultos debemos de transmitirllos aos nosos pequenos/as, para que nun futuro academos PERSOAS EDUCADAS E RESPETUOSAS.

Pola miña parte, aporto o meu gran de area desde a escola día a día. Sei que moitos pais e nais tamén o fan.

Grazas a todos aqueles pais, nais, avós, avoas, tíos, tías... que sempre tedes presentes estes valores ao dirixirvos a min. Quero que teñades claro que eu cando estou diante de vós tamén os teño moi presentes.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

CONTACONTOS "ANTONIO TON"

Onte recibimos a visita dun contacontos chamado "Antonio Ton" que nos contou un contou titulado "Martín e o lapis máxico". O conto gustounos moito e pasámolo moi ben. Tamén cantamos e aplaudimos cando Antonio Ton nos tocou unha canción coa súa guitarra. Aquí vos deixamos algunhas imaxes.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS