VISITA DE MARCO

O pasado mércores 27 de Xaneiro recibimos a visita de MARCO, un amigo da profe Cris. Marco é canario pero está vivindo en Foz xa que é entrenador de baloncesto e esta tempada entrena aos Celtas de Foz. Tamén foi xogador de basket e mide máis dun metro noventa, é dicir, É MOI ALTO!!!

A súa visita debeuse a que a unidade que estamos a traballar trata sobre o Corpo Humano e os cambios que este sufre debido ao crecemento según avanzamos en idade. Marco falounos dos beneficios de facer deporte para a nosa saúde e tamén para o noso crecemento. Díxonos tamén que ese exercicio debe de ir acompañado dunha boa alimentación e que DEBEMOS COMER DE TODO.

Grazas a Marco poidemos ver que non todas as persoas medran igual. Así vimos a diferencia que había entre a profe e Marco, que a pesar de ter a mesma idade non medraron o mesmo.

Comparamos tamén as nosas extremidades coas de Marco e chegamos á conclusión de que aínda nos queda moito por comer para poder ter as pernas e os brazas tan longos que tén Marco.

En definitiva, foi unha actividade distinta pero que nos resultou moi gratificante e coa que aprendimos moitísimas cousas. Por iso lle damos as GRAZAS A MARCO.










  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

1 Response to "VISITA DE MARCO"

  1. vane rego Says:
    1 de febrero de 2010, 11:40

    que sorte tedes coa profe Cris! dende logo que lles vale máis esa experiencia en canto a que facer na vida cotiá (deporte, comida, etc) que todo canto poidan aprender a través de fichas. un biquiño de Nayara para Marco, que estaba toda ilusionada con coñecelo e aínda que enfermou e non puido ser agora veo dende o blogue

Publicar un comentario