BELÉN DE BEGONTE


Por fin o pasado luns poidemos ir a visitar o Belén electróncio de Begonte. A visita xa estaba programada para antes das vacacións de Nadal, pero daquela as condicións metereolóxicas non nolo permitiron.
Aos Golfiñ@s tocounos ir no primeiro turno, xunto cos peques de 3 anos. Chegamos a Begonte cerca das 10 e media e nada máis baixarnos do autobus entramos a ver o Belén. Un rapaz púxonos en funcionamento todo o que alí había e poidemos ver como as figuriñas facían cada unha o seu traballo. Gustounos moito o paso do día á noite, coa tormenta incluida, a aparición da lúa, do anxo... Tamén nos gustaron moito unhas cabras que andaban a brincar por alí así como os Reis Magos cando fixeron a súa aparición.
Aquelo durou pouco e tivemos que sair xa que o seguinte turno(4 anos e 2º) xa estaban a esperar para entrar eles. De camiño a Mondoñedo fómonos cruzando cos nosos compañeiros que levaban a mesma ruta que levamos nós ás 9 e media.
Foi unha mañá atípica e creo que nos soubo a pouco.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

1 Response to "BELÉN DE BEGONTE"

  1. vane rego Says:
    21 de enero de 2010, 10:23

    viñeron fascinados, encantados con ver toda aquela montaxe,polo menos @s compis de fútbol de Nayara, non paraban de explicar o que viran, de seguro, xa están esperando outra saída!

Publicar un comentario