EDUCACIÓN E RESPETO





Xa que está tan preto a celebración do Día da Paz(30 de xaneiro) quixera resaltar dous valores fundamentais nesta vida, valores que desde a escola intento transmitir aos meus alumnos e alumnas diariamente. Dous valores como son a EDUCACIÓN e o RESPETO.

EDUCACIÓN non só se refire á transmisión de coñecementos, valores, costumes e formas de actuar. A Educación é un proceso de socialización e endoculturización das persoas a través do cal se desenrolan capacidades físicas e intelectuais, habilidades, destrezas, técnicas de estudio e formas de comportamento ordeadas cun fin social(valores, moderación do diálogo-debate, traballo en equipo...).

RESPETO é o recoñecemento de que algo ou alguén ten valor. Podemos definir Respeto como a base do sustento da moral e da ética. Por iso non podemos confundir Respeto con algunha conducta en particular, como os bos modais ou a amabilidade. O Respeto é algo diferente a esto, é unha actitude. E esta actitude nace co recoñecemento do valor dunha persoa. Dicía Kant, na súa filosofía moral, que todos os seres humanos deben ser respetados porque son un fin en si mesmos. Ao ser un fin en si mesmos posúen un valor intrínseco e absoluto. Immanuel Kant chamáballe a este valor, DIGNIDADE.

Pola importancia de estes dous grandes valores, os adultos debemos de transmitirllos aos nosos pequenos/as, para que nun futuro academos PERSOAS EDUCADAS E RESPETUOSAS.

Pola miña parte, aporto o meu gran de area desde a escola día a día. Sei que moitos pais e nais tamén o fan.

Grazas a todos aqueles pais, nais, avós, avoas, tíos, tías... que sempre tedes presentes estes valores ao dirixirvos a min. Quero que teñades claro que eu cando estou diante de vós tamén os teño moi presentes.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

1 Response to "EDUCACIÓN E RESPETO"

  1. vane rego Says:
    17 de enero de 2010, 4:49

    unha magnífica lección Cris! digna de aprender e levala á práctica. pasan e pasan os anos, e o que sabemos e vemos no día a día é que a educación apréndese sobre todo co exemplo, na escola e principalmente no fogar, xa que teñen como principal referente a familia coa que se convive.
    "La educación es la capacidad para oírlo todo sin perder los modales y la confianza en ti mismo". Robert Frost, esta frase tamén di moito en poucas palabras, describindo a educación dunha persoa con estereza e sabiduría.
    besotes Cris, que tes 22 nen@s marabillosos que te queren un montón.

Publicar un comentario