A NOSA LEITUGA

















Aínda que non o poidades crer, esta é a leituga que plantamos na Casa do Queixo o pasado 12 de Abril.
Descubrimos que entre as ventás da nosa aula hai un micro-clima que facilita o seu crecemento, eso si, non deixamos de regala.
Quen sabe se en breves poderemos facer unha deliciosa ensalda con ela!!!!!
Seguiremos informándovos da súa evolución.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

GRAZAS A TOD@S

Flower Text - ImageChef.com

Chegamos ás 3.000 visitas!!!. Non foi un camiño fácil pero nel sentímonos moi respaldados por pais, nais, compañeir@s, outros profes e outras persoas que de vez en cando entrades na nosa xaneliña para ver o que andamos a facer.

Sabemos que non vos gusta moito deixar comentarios pero unha vez máis animámosvos a que o faigades xa que a nós fainos moita ilusión cando temos algún novo.

Bueno, aínda quedan dous meses de curso así que confiamos en poder ampliar ese número e lembrade que sen vós, este blogue non tería sentido. MIL GRAZAS!!!
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

DÍA DO LIBRO


O 23 de Abril conmemórase o falecemento de 3 escritores: o español Miguel de Cervantes y Saavedra, o inglés William Shakespeare e o cronista Garcilaso de la Vega. Por este motivo a Unesco, no ano 1995, aprobou proclamar o 23 de Abril de cada ano o "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor".
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de Outubro de 1926, en conmemoración do nacemento do autor de "El Quijote".
No 1930, a data trasládase ao 23 de Abril, día do falecemento do citado autor, Cervantes.
Finalmente foi o 15 de Novembro de 1995 cando a Unesco proclamou ese día como o "Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor".
No noso país, este mesmo día, entrégase o Premio Miguel de Cervantes.
Ademáis esta xornada é aproveitada por moitos autores para promocionar o seu último libro. Tamén os editores e libreiros acostuman facer descontos especiais na venta de libros.
Como nota curiosa, dicir que en Cataluña celébrase o Día do Libro de maneira especial ao coincidir coa celebración de "Sant Jordi". É costume que os homes agasallen ás mulleres con rosas e elas a eles con libros.
E agora que xa sabedes algo máis do Día do Libro, espero que, polo menos mañá, lle adiquedes un momento á lectura. No cole intentaremos facer algo especial para conmemoralo.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL - LETRAS GALEGAS 2010

A Biblioteca Pública Municipal de Mondoñedo convoca o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2010 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:
1.- Poden participar tódolos nenos con:
  • Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema: a cidade.
  • Debuxos: feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema: a cidade.

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais.

3.-Establécense 3 categorías: A, ata 8 anos, B de 9 a 11 anos, C de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 6 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA MUNICIPAL.

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, selecionará por cada modalidade e categoría un máximo de 3 traballos.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

7.- O fallo do xurado local farase público antes do DIA DAS LETRAS GALEGAS.

Animádevos a participar Golfiñ@s, a vosa modalidade sería a de Debuxo. Se queredes a folla dos datos persoais non tedes máis que pedirma.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

NON PUIDO SER

No día de onte, facíanse públicos os finalistas do Premio Espiral Edublogs 2010 e teño que comunicarvos que non estamos entre eles. É unha pena pero seguirémolo intentando nos vindeiros cursos e seguro que algún día acadaremos ser finalistas e quen sabe se gañadores.

A verdade é que competíamos con blogues moi elaborados nos que podíamos atopar moitísimos recursos e enlaces a páxinas educativas. Xa estivemos mirando os blogues finalistas para seguir aprendendo e mellorando.

De tódolos xeitos, douvos as GRAZAS a todos os que durante estes días entraste no noso blogue e nos deixastes algún comentario na páxina do concurso. As vosas visitas e os vosos comentarios son os que nos dan forzas para seguir co blogue. A TOD@S GRAZAS!!! E por certo, en breves chegaremos ás 3.000 visitas...
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

WEB DO CEIP ALVARO CUNQUEIRO

A páxina web do noso cole xa está en marcha. Nela poderedes atopar toda a información relacionada coas diferentes actividades que se realizan no centro así como tamén unha extensa galería fotográfica. Pouco a pouco seguiremos traballando nela para que os contidos ofrecidos sexan cada vez máis numerosos. Podedes aceder a ela pinchando aquí.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

CASA DO QUEIXO

Por fin o pasado luns chegou o tan esperado día da excursión. Ás 9:30 poñiamos rumbo á Casa do Queixo: ben sentadiños, co cinturón de seguridade posto e con moitas ganas de pasalo ben e aprender moitas cousas.
Chegamos a destino cerca das 11 da mañá e alí xa nos esperaban os nos@s monitores para dividirnos en 4 grupos ben identificados cunhas gravatas de cores: AZUL, GRIS, AMARELO E LARANXA. Cada grupo iría pasando de maneira rotatoria polas diferentes actividades que nos tiñan preparadas ao longo da mañá e da tarde.
GRANXA: na que poidemos aprender moitas máis cousas de animais como a avestruz, o poni, as ovellas, as cabras, os porcos, o cabalo... Tamén poidemos darlle de comer a algún destes animais.
ELABORACIÓN DO QUEIXO: quizais foi unha das actividades máis novedosas para nós. Nela poidemos saber que precisabamos para elaborar queixo e fixemos o noso propio queixiño. Leite, sal e callo(cuajo) son os ingredientes necesarios para poder facer tan rico alimento.
PROCESO DA LÁ: este tamén foi un obradoiro moi interesante. Nel poidemos ver o proceso de limpar, cardar e fiar a lá
HORTO: vimos todo o relacionado coas plantas e coa horta, aprendendo o nome dos utensilios de labranza e empregándoos no horto da Casa do Queixo.
A comida levouse a cabo nun gran comedor onde saboreamos tortilla, macarróns e iogur. A verdade é que nos veu moi ben repoñer forzas para poder rematar a xornada.
Xa ás 16:30 volvimos a montar no bus para volver a Mondoñedo. O cansancio fíxose notar e algúns viñemos disfrutando dunha boa sesta.
Todo transcorreu con normalidade, portámonos moi ben e vivimos unha experiencia inolvidable.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

IMOS DE EXCURSIÓN!!!!


Pois si, xa case chegou o día!!! O vindeiro luns imos de excursión á Casa do Queixo. Marcharemos ás 9.30 do colexio acompañad@s dos nosos mestres: Amparo, Javi, Mª José Gayoso, Ana, Cris, Mª José Fidalgo e tamén nos acompañará María, a coidadora.

Déixovos unhas pequenas indicacións para ese día:




  • Non levaremos mochila. As profes levarán galletas e auga por se cando cheguemos a Sobrado temos algo de fame.


  • Levaremos unha gorra para que Lourenzo non nos queime demasiado.


  • Vestiremos ROUPA E CALZADO CÓMODO. Se vemos que chove levaremos un calzado que nos protexa da choiva.


  • Non necesitamos cartos polo que non levaremos nin un céntimo. Alí temos todo pagado.


  • Se nos mareamos, tomaremos algo antes de sair e podemos levar tamén para a volta, dándolle o que sexa á profe ao subir ao bus. A profe xa se encargará de que o tomemos antes de volver para Mondoñedo.


  • No bus, iremos ben sentadiños cos cinturóns postos, sen berrar e sen poñer os pés nos asientos. Todo esto é importante, o condutor non pode distraerse con nós.


  • Na Casa do Queixo obedeceremos aos monitores e monitoras. Eles son coma os nosos profes e temos que facerlles caso en todo momento. Se a profe se entera de que esto non é así teremos que tratar un pequeno castigo... e non nos gustaría, verdade????


  • E por último, HAI QUE TRAER UNHA GRAN DOSE DE GAÑAS DE PASALO BEN E DISFRUTAR DUN DÍA ESPECIAL.


Bueno e creo que nada máis. Lembrarvos que voltaremos sobre as 6 da tarde, aproximadamente. Se nos retrasamos un pouquiño que os papis e mamis non se preocupen, as viaxes xa sabemos como son e pode surxir calquer imprevisto. De todas formas, no colexio estarán en contacto cos profes e saberán en todo momento onde e como estamos.


Ahhhhhhhhhhhhhhhhhhhh, xa se me olvidaba unha cousa. O DOMINGO HAI QUE DEITARSE ALGO MÁIS CEDO DO HABITUAL PARA IR BEN DESCANSADIÑOS.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

B E N V I D O Z A K A R I A ! ! !



Desde o martes temos un golfiño novo. Chámase Zakaría, e como xa o coñecíamos a adaptación foi rápida e fantástica. Dámoslle a benvida a Zakaría e desexamos que aprenda moitas cousas con nós.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

2 DE ABRIL - DÍA MUNDIAL DO AUTISMO





O 7 de Novembro do 2007, a Asemblea Xeral da ONU declarou o 2 de Abril como o "Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo", co obxectivo de alertar sobre este síndrome, cuxa incidencia aumentou en todo o mundo.


O Autismo é un trastorno do desenrolo, permanente e profundo. Afecta é comunicación, imaxinación, planificación e reciprocidade emocional. Os síntomas en xeral son incapacidade de interación social, illamento...


O neno autista non se fai, nace. O bebé autista pode pasar desapercibido ata o cuarto mes de vida, a partir de aí, a evolución lingüística queda estancada, non hai reciprocidade co interlocutor, non aparecen as primeiras conductas de comunicación intencionadas(miradas, sinalar...). Existen moitas hipótesis e liñas de investigación acerca da orixe do autismo pero aínda é descoñecida. Non hai cura para os autistas, pero poden mellorar moito a súa calidade de vida coa axuda dos pictogramas e a planificación das tarefas da vida diaria.









ESTO ADICÁMOSLLO A TODOS OS NENOS E NENAS AUTISTAS PERO MOI ESPECIALMENTE AO NOSO COMPAÑEIRO ABEL.




  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

FELICES VACACIÓNS



Ola Golfiñ@s!!!

Espero que esteñades pasando unhas boas vacacións, que esteñades descansando e ao mesmo tempo disfrutando do tempo libre. Repoñede forzas porque despois desta semaniña espéranos moito traballo, a excursión á Casa do Queixo e a recta final do curso.

Durante estes días poñereivos novos recursos para que poidades disfrutar aprendendo. Biquiños da Profe Cris.



ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS