CAMIÑO DE SANTIAGO
Mañá teremos unha xornada diferente no colexio. Os nosos compañeiros de 4º, 5º e 6º de Primaria farán un tramo do Camiño de Santiago pertencente ao Camiño Norte e en concreto á etapa 28 do mesmo que vai desde Lourenzá ata Abadín.
Sairán do colexio ás 9:30 e irán pasando por distintas parroquias do concello de Mondoñedo como Barbeitas, Maariz, Padín, Casavella, Pacio, Lousada... Os demais iremos en bus, e sairemos ao redor das 11 da mañá.
O punto de encontro duns e outros será a capela de San Cosme da Montaña, na parroquia de Galgao (Abadín). Unha vez alí disfrutaremos todos xuntos de xogos e do xantar.
Aínda que non sabemos como vai estar o tempo, confiamos en que este nos acompañe así que déixovos unhas reconmedacións para mañá:
- LEVAR ROUPA E CALZADO CÓMODO.
- LEVAR GORRA.
- NON TEMOS QUE LEVAR COMIDA XA QUE O COLEXIO PROPORCIONARANOS UN "PIC-NIC" COMPOSTO DUN BOCADILLO, AUGA E FROITA.
- BOTAR CREMA PROTECTORA PARA O SOL.
- E TRAER MOITÍSIMAS GANAS DE PASALO BEN!!!

27 de mayo de 2010, 10:46
a ver se hai sorte co dichoso tempo! que ven o van pasar todos xuntos