COMO MEDRAN!!!

Como o prometido é deuda, aquí vos imos a deixar dúas fotos. Unha delas é do noso "tagete", que a verdade é que non tiñamos fe en que sobrevivise pero aí o tedes, todo floreado e con pintas de seguir botando flor. Non nos digades que non está precioso!!!

E a outra foto é a nosa leituga. Cada día medra máis e xa estamos pensando na ensalada que nos imos facer con ela.

Está claro que entre as ventás da nosa clase hai un bo clima pero o noso coidado tamén é importante e para que non morran regámolas a miudo. Seguiremos informándovos da súa evolución.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

1 Response to "COMO MEDRAN!!!"

  1. vane rego Says:
    21 de mayo de 2010, 8:14

    que grandotes van! calquer día alguen que vexa o blogue contrátavos de xardineiros, á parte de que esa aula debe aportarlles moita saúde xa que con tantos golfiños andando por alí é un milagre que esteñan así de ben

Publicar un comentario