Mostrando entradas con la etiqueta RECEITAS DE COCIÑA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RECEITAS DE COCIÑA. Mostrar todas las entradas

ESPETOS DE FROITAS CARNOSAS

Coa chegada do Outono, lembramos as características principais desta estación sendo a máis relevante a caída de follas das árbores así como esas tonalidades marróns e amarelas que se poden observar no entorno.


Pero tamén co Outono, comeza a chegar o frío e no súper comezamos a ver froitas que durante o verán non se vían: granadas, mandarinas, uvas, laranxas, mazás... Estas froitas chámanse CARNOSAS.


Ademais de estas froitas carnosas tamén hai unha gran variedade de FROITOS SECOS como as améndoas, avelás, pistachos, noces e CASTAÑAS que teñen un protagonismo especial a través dos MAGOSTOS, festas adicadas a ese froito e onde é habitual comelo asado. No noso cole tamén imos celebrar un MAGOSTO o vindeiro Mércores 11 de Novembro e xa estamos preparándonos para a ocasión.


En fin, que todo este rollo viña para contarvos que aproveitamos este traballo para meternos un pouquiño no mundo da cociña e converternos por un momento nuns verdadeiros cociñeiros.


A profe Cris, preparouno todo. Iamos a facer uns apetitosos ESPETOS DE FROITAS CARNOSAS. As froitas elexidas eran as UVAS, as MAZÁS, as MANDARINAS e os KIWIS. Como bos cociñeiros, primeiro lavamos as nosas mans cun xel especial que mercou a profe e para o cal non se precisa auga! Despois preparamos os ingredientes e... MANS Á OBRA!


Pero antes, traballamos un texto novo: AS RECEITAS DE COCIÑA. Vimos as súas partes e esta vez escribimos os seus ingredientes.


Para que vexades que ben o pasamos e canto nos gustaron eses espetos deixámosvos este video e algunha que outra foto.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS