BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO 2010




Desde o noso recuncho do Nadal, os Golfiños e a súa mestra Cris queren desexarvos a todos e todas os que visitades o noso blogue, un BO NADAL e un PRÓSPERO ANINOVO 2010. Esperamos que o novo ano veña cargado dos mellores desexos para tod@s.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

22 DE DECEMBRO

Mentras os maiores estaban pendientes do sorteo da Lotería por se se facían millonarios, os nenos e nenas do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora disfrutamos dunha xornada chea de actividades.

Nada máis chegar, xuntámonos
tod@s no salón de actos do noso centro. Alí levouse a cabo a entrega de premios do concurso de postais de nadal promovido polo equipo da biblioteca do colexio a través da súa mascota Merliño.

Nós tamén participamos aínda que de feito grupal e por iso nos agasallaron cuns lapis moi simpáticos, os cales podedes ver na foto ao igual que a nosa tarxeta de felicitación. Nela transmitimos os nosos mellores desexos para o novo ano que comezará o vindeiro 1 de Xaneiro.
























Despois da entrega de premios, fomos cara o auditorio pero como chovía tivemos que ir en autobús e en varias quendas. Alí íamos a disfrutar dunha adaptación da ópera de Humperdinnck, Hansel e Gretel inspirada no conto dos irmáns Grimm. A representación corría a cargo da Escola de Música de Mondoñedo. Xan Carballal encargouse da adaptación da orquestra e Xulia Nogueira da adaptación do guión. Tódolos actores forman parte de dita Escola de Música, dirixida polo nomeado anteriormente, Xan Carballal. A ver se nos vindeiros días podemos colgar un video que contén un pedaciño da obra.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PRIMEIRAS NEVARADAS

Parece que o inverno chegou por fin á nosa comarca e tamén a Mondoñedo. Xa a semana pasada poidemos ver as montañas do arredor da vila mindoniense nevadas, pero foi realmente a pasada fin de semana e o luns cando o temporal de neve se deixou notar no noso cole.

Como sabedes o Luns tiñamos programada a visita ao Belén de Begonte pero debido ao estado das estradas decideuse suspender a actividade evitando así correr riscos innecesarios. Tamén ese día moitos dos nosos compañeiros e compañeiras non poideron vir ao cole xa que as estradas estaban completamente nevadas.

Así de fermosa se vía a paisaxe desde o patio do colexio.







  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

ANIVERSARIOS EN DECEMBRO

Nos últimos días de trimestre, cumpriron anos Lúa e Bruno. A primeira fíxoo o día 10 e Bruno o 17.
En ambas celebracións houbo o de sempre: Biscoito, Candeas, Coroa e o Cumpreanos Feliz. Aquí vos deixamos fotos dos protagonistas.





  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

GRAZAS BELÉN

Tamén o venres tivemos que despedirnos de BELÉN, a nosa profe de prácticas que tanto nos axudou. En agradecemento agasallámola cun mandil de profe e desexamos que nun futuro o poida estrear sendo xa unha VERDADEIRA MESTRA aínda que podemos asegurar que vai por moi BO CAMIÑO.

Belén, os golfiñ@s e a súa mestra desexámosche moitísima sorte.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

FIGURIÑAS DE NADAL

O pasado venres 18 de Decembro a profe volveunos a sorprender cun novo obradoiro de cociña. Esta vez, e ao estar tan cerca o Nadal, fixemos unhas FIGURIÑAS DE NADAL. A actividade resultou moi divertida. Para facela só necesitamos ter moldes de diferentes formas e os seguintes ingredientes:

  1. PAN DE MOLDE
  2. CREMA DE CACAO(NOCILLA)
  3. FIDEOS DE CHOCOLATE DE DISTINTAS CORES

Axudáronnos na elaboración Belén e a profe de apoio Mª José, polo que lles damos as grazas. Aquí vos deixamos unhas cantas fotos do proceso.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

SUSPENSIÓN DE CLASES POR TEMPORAL


SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 decembro 2009
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.
Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Este foi o aviso que nos chegou a tódolos centros da Comunidade Autónoma de Galicia. Polo tanto na xornada de mañá non haberá clase, de todas formas os nenos levan unha nota informativa.
A descansar polo tanto un día e esperemos que o temporal non sexa como o Klaus.
Biquiños da profe Cris.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

GRAZAS

Os nenos e nenas da clase dos Golfiños queremos dar as grazas a todos aqueles que entrades no blogue e deixades os vosos comentarios. Ver que o contador de visitas vai en aumento e que case todos os días temos algún comentario fai que o noso traballo no blogue sexa máis gratificante.
Por outra parte, a nosa profe Cris quixera dar as grazas a todos os pais e nais que axudastes y traballastes cos vosos fillos e fillas na decoración das árbores de Nadal que mandamos para a casa. Quedaron todos moi chulos e orixinais. En breves días poñeremos fotos do noso mural de Nadal que por fin temos xa no noso pasillo.
GRAZAS.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

TOBOGÁN ROTO


O pasado xoves cando saimos ao patio os nos@s nen@s de Infatil descubriron que o noso tobogán estaba roto. Dita rotura causou gran interese nos nenos e nenas como podedes ver na foto e pasáronse gran parte do recreo mirando o tobogán e buscando solucións para poder arranxalo. Algúns dicían que con pegamento, outros cunha tabla... en fin que as solucións eras múltiples e variadas. Esperamos que os Reises Magos se porten ben e nos deixen a noite do 5 de Xaneiro un novo tobogán para os nosos peques.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

ANIVERSARIO DE NEREA

O día de 1 de Decembro a nosa compañeira Nerea cumpriu 5 anos. Coma sempre, un rico biscoito foi o noso almorzo de media mañá acompañado das candeas e demais cousiñas que xa sabedes vós.

Como a profe Cris anda un pouco despistada e liada, esqueceu facerlle a coroa a Nerea para ese día(aínda que xa lla fixo) e por iso hoxe estreamos con ela marco para a foto, a modo de compensación.

PARABÉNS NEREA!!!


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

VISITA AO CENTRO DE INFORMACIÓN DO CONSUMO DE VEGADEO

O pasado venres 27 de Novembro os nen@s de 5 anos e os nen@s de 2º puxemos rumbo cara Vegadeo para visitar o Centro de Información do Consumo. Acompañáronnos as nosas titoras, Cris e Mª José, xunto coa profe Noelia, a coidadora de Abel, María; a nosa dire Cova e tamén Belén, unha rapaza que está a facer as prácticas na nosa clase.
A viaxe transcorreu sen problemas e ademais foi ben curta, case non nos enteramos dela. Unha vez alí tocounos aos peques entrar de primeiros e os de 2º agardaron o seu turno vendo unha película no Colexio Público Jovellanos de Vegadeo.
Cris, xa nos contara algo do que iamos a facer alí pero non sabíamos moi ben como era aquelo aínda que ao entrar nos levamos unha grata sorpresa. A nosa monitora chamábase Montse e con ela e coa axuda das nosas profes fomos capaces de levar a cabo o obradoiro proposto.
A actividade consistía en elaborar unha receita de cociña: MAGDALENAS. Pero antes debíamos ter que mercar todos os ingredientes necesarios para elaborar a receita. Dividíronnos en 4 grupos aproveitando xa os equipos que temos na aula: VERMELLO, AZUL, AMARELO e VERDE.
A cada un dos grupos entregousenos un monedero con cartos(de mentira claro), unha bolsa da compra, unha lista cos ingredientes necesarios e un carriño coma os que atopamos en calquer super aínda que de pequeno tamaño. Entre todos os membros do equipo decidimos quen de nós ía levar cada unha desas cousas.
Tomada a decisión pasamos a un mini-super que parecía dos de verdade. Alí tivemos que ir buscando os ingredientes e meténdoos no carriño. Unha vez que tiñamos os ingredientes agardamos con paciencia na cola da caixa. Debíamos de pagar todo e tamén saber se mercáramos todo correctamente.
E xa coa compra feita chegou o momento de cociñar. Antes tivemos que lavar as mans, poñer un gorro de cociñeiro e un mandil. Parecíamos verdadeiros Arguiñanos!!! Ao redor dunha roda, que simulaba a Roda dos Alimentos, fomos elaborando a receita baixo a supervisión da nosa monitora Montse.
Todos colaboramos, todos batimos, todos botamos algo no cunco, e todos soubemos agardar o noso turno con paciencia. Así que un bravo polos nenos e nenas de 5 anos!!!
Despois de ter todos os ingredientes mezclados, tocaba esperar a que as magdalenas se fixesen no forno. Mentres nós pintabamos unhas bolsiñas para despois levar nelas a nosa magdalena. E tamén asinamos nun GRAN LIBRO.
Xa coa nosa magdalena, Montse entregounos a cada un uns lapis de cores como recordo do noso paso por alí. A nosa experiencia remataba e agora tocáballes aos nosos compañeir@s de 2º.
Nós fomos comer as nosas magdalenas ao Colexio Público Jovellanos e despois trasladámonos a un pavillón que foi onde comimos agardando polos nenos e nenas de 2º. No pavillón fixemos carreiras coa nosa profe Cris e tanto correr fixo que o noso apetito se abrise así que chegou a hora de comer. Disfrutamos dunha comida diferente nun sitio diferente pero non por iso menos divertido.
A volta foi igual de tranquila que a ida e chegamos a Mondoñedo moi contentos e con moitas vivencias por contar.
Deixámosvos algunhas instantáneas deste día tan especial.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PARABÉNS ANTÍA E DAVID RIVAS

Durante este mes de Novembro tivemos dous aniversarios. O primeiro foi o de ANTÍA, o día 19 e o seguinte foi o de DAVID RIVAS o día 25.
Calquera dos dous trouxeron uns ricos biscoitos que tod@s disfrutamos, sopramos as candeas e cantámoslles o Cumpreanos Feliz.
Parabéns aos dous!!!






  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

RATA LINDA

O pasado 24 de Novembro nada máis chegar ao cole marchamos cara á Casa da Xuventude pois iamos disfrutar dunha divertida obra de teatro titulada RATA LINDA.

Esta obra de teatro está baseada na obra de Bernardino Graña que tén por título RATA LINDA DE COMPOSTELA que é unha recreación en romance da Ratita Presumida, situando a historia na cidade de Santiago de Compostela. As ilustracións do conto pertencen a Manuel Uhía.

Da historia nos vos contamos máis xa que todos levamos o conto para a casa pero que saibades que a obra é moito máis divertida e ademais ten algunha variación.

Pasámolo moi ben e ademais portámonos fenomenal tanto na obra como no traxecto, obedecimos ás profes e fomos sempre pola beiriña.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

MAGOSTO 2009

O día 11 de Novembro, coincidindo co San Martiño, celebramos no colexio o Magosto. Esta festa tan tradicional na nosa comunidade e adicada á CASTAÑA.

Os días previos adicámonos a preparar con moito esmero as nosas cestiñas e tamén unhas simpáticas viseiras.

Pola tarde tod@s os nen@s do colexio poidemos disfrutar de tan sabroso froito seco. E para que o vexades aquí vos deixamos estas instantáneas.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

FESTA DO OUTONO

O Luns 9 de Novembro celebramos en Educación Infantil a Festa do Outono. Para iso trouxemos da nosa casa diferentes cousas:






  • FROITAS CARNOSAS: kiwis, laranxas, mazás, uvas...


  • FROITOS SECOS: pistachos, noces, avelás, améndoas...


  • POSTRES ELABORADOS CON ALGUNHA DAS FROITAS OU FROITOS ANTERIORES.


Tódolos nenos e nenas aportaron algo á festa e por iso lles damos as grazas a tod@s e tamén ás familias pola súa colaboración.



Os nosos mestres prepararon todo, incluso elaboraron uns ricos espetos de froitas. Todo estaba boísimo!!!











  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

ESPETOS DE FROITAS CARNOSAS

Coa chegada do Outono, lembramos as características principais desta estación sendo a máis relevante a caída de follas das árbores así como esas tonalidades marróns e amarelas que se poden observar no entorno.


Pero tamén co Outono, comeza a chegar o frío e no súper comezamos a ver froitas que durante o verán non se vían: granadas, mandarinas, uvas, laranxas, mazás... Estas froitas chámanse CARNOSAS.


Ademais de estas froitas carnosas tamén hai unha gran variedade de FROITOS SECOS como as améndoas, avelás, pistachos, noces e CASTAÑAS que teñen un protagonismo especial a través dos MAGOSTOS, festas adicadas a ese froito e onde é habitual comelo asado. No noso cole tamén imos celebrar un MAGOSTO o vindeiro Mércores 11 de Novembro e xa estamos preparándonos para a ocasión.


En fin, que todo este rollo viña para contarvos que aproveitamos este traballo para meternos un pouquiño no mundo da cociña e converternos por un momento nuns verdadeiros cociñeiros.


A profe Cris, preparouno todo. Iamos a facer uns apetitosos ESPETOS DE FROITAS CARNOSAS. As froitas elexidas eran as UVAS, as MAZÁS, as MANDARINAS e os KIWIS. Como bos cociñeiros, primeiro lavamos as nosas mans cun xel especial que mercou a profe e para o cal non se precisa auga! Despois preparamos os ingredientes e... MANS Á OBRA!


Pero antes, traballamos un texto novo: AS RECEITAS DE COCIÑA. Vimos as súas partes e esta vez escribimos os seus ingredientes.


Para que vexades que ben o pasamos e canto nos gustaron eses espetos deixámosvos este video e algunha que outra foto.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

ANIVERSARIOS





Tamén o venres celebramos os aniversarios de Kevin e Abel aínda que xa cumpriran anos ao longo da semana. Kevin fíxoo o Luns 26 e Abel facíao o Mércores 28.
Como podedes ver, unha vez máis, saboreamos un exquisito biscoito e relamimos as tan desexadas figuriñas de chocolate.
Parabéns aos dous!!
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

CABAZA DE SAMAÍN



O venres o noso compañeiro Bruno troúxonos esta cabaza tan orixinal para decorar a nosa clase facendo alusión ao Samaín galego ou ao Halloween americano, que, aínda que non o celebramos no colexio, sabemos cousas del.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PARABÉNS NAYARA!!!

Hoxe a nosa compañeira Nayara está de aniversario e trouxo un gran biscoito para celebralo con todos nós. Despois de soprar as candeas, entoamos na súa honra o "Cumpreanos Feliz".





Non pensedes que non houbo coroa, só que andivemos algo atarefados e esquecimos poñela pero habela, houboa.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PROXECTO "OS GOLFIÑOS"

O nome do noso blogue ven dado porque a nosa clase recibe ese nome. Chámase así porque así o decidimos entre todos. Foi unha decisión difícil de tomar xa que había varios nomes que optaban ao título pero unha votación máis que democrática fixo que ao final saise vencedor o nome de Golfiños.

E visto o interese que suscitou en nós o tema dos Golfiños, decidimos tamén aprender algo sobre eles. Por iso a nosa profe pediunos información e cousas deses animais. Trouxemos un montón de libros, contos, golfiños de xoguete, fotos, información sacada da rede... E con todas esas cousas establecimos na aula o Recuncho do Proxecto, mirade como nos quedou:






Xa estamos traballando e aprendendo cousas pouco a pouco, vos iremos ensinando o noso traballo.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PARA LEMBRAR

Tódolos días, a eso das 11 da mañá, e antes de sair ao recreo, adicamos un tempo ás MERENDAS. Con idea de que faigamos uns almorzos saudables, cada día da semana está adicado a uns alimentos en concretos.

Para telos sempre presente, aquí vos deixo o calendario desas merendas.





  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS