PRIMEIRAS NEVARADAS
Parece que o inverno chegou por fin á nosa comarca e tamén a Mondoñedo. Xa a semana pasada poidemos ver as montañas do arredor da vila mindoniense nevadas, pero foi realmente a pasada fin de semana e o luns cando o temporal de neve se deixou notar no noso cole.
Como sabedes o Luns tiñamos programada a visita ao Belén de Begonte pero debido ao estado das estradas decideuse suspender a actividade evitando así correr riscos innecesarios. Tamén ese día moitos dos nosos compañeiros e compañeiras non poideron vir ao cole xa que as estradas estaban completamente nevadas.
Así de fermosa se vía a paisaxe desde o patio do colexio.

24 de diciembre de 2009, 8:48
e vaia nevaradas e xeada! a verdade é que estamos en Nadal con tódalas da lei. cómo se quedou Nayara cando lle dixen que non podía ir ao cole e que se suspendera a excursión...
pero era un risco enorme o de saír por carretera e máis cara a montaña. xa terán moitas máis oportunidades de saír de excursión!