FIGURIÑAS DE NADAL
O pasado venres 18 de Decembro a profe volveunos a sorprender cun novo obradoiro de cociña. Esta vez, e ao estar tan cerca o Nadal, fixemos unhas FIGURIÑAS DE NADAL. A actividade resultou moi divertida. Para facela só necesitamos ter moldes de diferentes formas e os seguintes ingredientes:
- PAN DE MOLDE
- CREMA DE CACAO(NOCILLA)
- FIDEOS DE CHOCOLATE DE DISTINTAS CORES
Axudáronnos na elaboración Belén e a profe de apoio Mª José, polo que lles damos as grazas. Aquí vos deixamos unhas cantas fotos do proceso.
29 de diciembre de 2009, 9:23
que ricas debían estar esas figuriñas...que ben, que así xa temos quen nos prepare unha merendola na casa, os nosos peques cociñeiros