Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas

CAMIÑO DE SANTIAGO

Mañá teremos unha xornada diferente no colexio. Os nosos compañeiros de 4º, 5º e 6º de Primaria farán un tramo do Camiño de Santiago pertencente ao Camiño Norte e en concreto á etapa 28 do mesmo que vai desde Lourenzá ata Abadín.


Sairán do colexio ás 9:30 e irán pasando por distintas parroquias do concello de Mondoñedo como Barbeitas, Maariz, Padín, Casavella, Pacio, Lousada... Os demais iremos en bus, e sairemos ao redor das 11 da mañá.


O punto de encontro duns e outros será a capela de San Cosme da Montaña, na parroquia de Galgao (Abadín). Unha vez alí disfrutaremos todos xuntos de xogos e do xantar.


Aínda que non sabemos como vai estar o tempo, confiamos en que este nos acompañe así que déixovos unhas reconmedacións para mañá:




  • LEVAR ROUPA E CALZADO CÓMODO.


  • LEVAR GORRA.


  • NON TEMOS QUE LEVAR COMIDA XA QUE O COLEXIO PROPORCIONARANOS UN "PIC-NIC" COMPOSTO DUN BOCADILLO, AUGA E FROITA.


  • BOTAR CREMA PROTECTORA PARA O SOL.


  • E TRAER MOITÍSIMAS GANAS DE PASALO BEN!!!






  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

CASA DO QUEIXO

Por fin o pasado luns chegou o tan esperado día da excursión. Ás 9:30 poñiamos rumbo á Casa do Queixo: ben sentadiños, co cinturón de seguridade posto e con moitas ganas de pasalo ben e aprender moitas cousas.
Chegamos a destino cerca das 11 da mañá e alí xa nos esperaban os nos@s monitores para dividirnos en 4 grupos ben identificados cunhas gravatas de cores: AZUL, GRIS, AMARELO E LARANXA. Cada grupo iría pasando de maneira rotatoria polas diferentes actividades que nos tiñan preparadas ao longo da mañá e da tarde.
GRANXA: na que poidemos aprender moitas máis cousas de animais como a avestruz, o poni, as ovellas, as cabras, os porcos, o cabalo... Tamén poidemos darlle de comer a algún destes animais.
ELABORACIÓN DO QUEIXO: quizais foi unha das actividades máis novedosas para nós. Nela poidemos saber que precisabamos para elaborar queixo e fixemos o noso propio queixiño. Leite, sal e callo(cuajo) son os ingredientes necesarios para poder facer tan rico alimento.
PROCESO DA LÁ: este tamén foi un obradoiro moi interesante. Nel poidemos ver o proceso de limpar, cardar e fiar a lá
HORTO: vimos todo o relacionado coas plantas e coa horta, aprendendo o nome dos utensilios de labranza e empregándoos no horto da Casa do Queixo.
A comida levouse a cabo nun gran comedor onde saboreamos tortilla, macarróns e iogur. A verdade é que nos veu moi ben repoñer forzas para poder rematar a xornada.
Xa ás 16:30 volvimos a montar no bus para volver a Mondoñedo. O cansancio fíxose notar e algúns viñemos disfrutando dunha boa sesta.
Todo transcorreu con normalidade, portámonos moi ben e vivimos unha experiencia inolvidable.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

VISITA AO CENTRO DE INFORMACIÓN DO CONSUMO DE VEGADEO

O pasado venres 27 de Novembro os nen@s de 5 anos e os nen@s de 2º puxemos rumbo cara Vegadeo para visitar o Centro de Información do Consumo. Acompañáronnos as nosas titoras, Cris e Mª José, xunto coa profe Noelia, a coidadora de Abel, María; a nosa dire Cova e tamén Belén, unha rapaza que está a facer as prácticas na nosa clase.
A viaxe transcorreu sen problemas e ademais foi ben curta, case non nos enteramos dela. Unha vez alí tocounos aos peques entrar de primeiros e os de 2º agardaron o seu turno vendo unha película no Colexio Público Jovellanos de Vegadeo.
Cris, xa nos contara algo do que iamos a facer alí pero non sabíamos moi ben como era aquelo aínda que ao entrar nos levamos unha grata sorpresa. A nosa monitora chamábase Montse e con ela e coa axuda das nosas profes fomos capaces de levar a cabo o obradoiro proposto.
A actividade consistía en elaborar unha receita de cociña: MAGDALENAS. Pero antes debíamos ter que mercar todos os ingredientes necesarios para elaborar a receita. Dividíronnos en 4 grupos aproveitando xa os equipos que temos na aula: VERMELLO, AZUL, AMARELO e VERDE.
A cada un dos grupos entregousenos un monedero con cartos(de mentira claro), unha bolsa da compra, unha lista cos ingredientes necesarios e un carriño coma os que atopamos en calquer super aínda que de pequeno tamaño. Entre todos os membros do equipo decidimos quen de nós ía levar cada unha desas cousas.
Tomada a decisión pasamos a un mini-super que parecía dos de verdade. Alí tivemos que ir buscando os ingredientes e meténdoos no carriño. Unha vez que tiñamos os ingredientes agardamos con paciencia na cola da caixa. Debíamos de pagar todo e tamén saber se mercáramos todo correctamente.
E xa coa compra feita chegou o momento de cociñar. Antes tivemos que lavar as mans, poñer un gorro de cociñeiro e un mandil. Parecíamos verdadeiros Arguiñanos!!! Ao redor dunha roda, que simulaba a Roda dos Alimentos, fomos elaborando a receita baixo a supervisión da nosa monitora Montse.
Todos colaboramos, todos batimos, todos botamos algo no cunco, e todos soubemos agardar o noso turno con paciencia. Así que un bravo polos nenos e nenas de 5 anos!!!
Despois de ter todos os ingredientes mezclados, tocaba esperar a que as magdalenas se fixesen no forno. Mentres nós pintabamos unhas bolsiñas para despois levar nelas a nosa magdalena. E tamén asinamos nun GRAN LIBRO.
Xa coa nosa magdalena, Montse entregounos a cada un uns lapis de cores como recordo do noso paso por alí. A nosa experiencia remataba e agora tocáballes aos nosos compañeir@s de 2º.
Nós fomos comer as nosas magdalenas ao Colexio Público Jovellanos e despois trasladámonos a un pavillón que foi onde comimos agardando polos nenos e nenas de 2º. No pavillón fixemos carreiras coa nosa profe Cris e tanto correr fixo que o noso apetito se abrise así que chegou a hora de comer. Disfrutamos dunha comida diferente nun sitio diferente pero non por iso menos divertido.
A volta foi igual de tranquila que a ida e chegamos a Mondoñedo moi contentos e con moitas vivencias por contar.
Deixámosvos algunhas instantáneas deste día tan especial.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

RATA LINDA

O pasado 24 de Novembro nada máis chegar ao cole marchamos cara á Casa da Xuventude pois iamos disfrutar dunha divertida obra de teatro titulada RATA LINDA.

Esta obra de teatro está baseada na obra de Bernardino Graña que tén por título RATA LINDA DE COMPOSTELA que é unha recreación en romance da Ratita Presumida, situando a historia na cidade de Santiago de Compostela. As ilustracións do conto pertencen a Manuel Uhía.

Da historia nos vos contamos máis xa que todos levamos o conto para a casa pero que saibades que a obra é moito máis divertida e ademais ten algunha variación.

Pasámolo moi ben e ademais portámonos fenomenal tanto na obra como no traxecto, obedecimos ás profes e fomos sempre pola beiriña.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS