CASA DO QUEIXO

Por fin o pasado luns chegou o tan esperado día da excursión. Ás 9:30 poñiamos rumbo á Casa do Queixo: ben sentadiños, co cinturón de seguridade posto e con moitas ganas de pasalo ben e aprender moitas cousas.
Chegamos a destino cerca das 11 da mañá e alí xa nos esperaban os nos@s monitores para dividirnos en 4 grupos ben identificados cunhas gravatas de cores: AZUL, GRIS, AMARELO E LARANXA. Cada grupo iría pasando de maneira rotatoria polas diferentes actividades que nos tiñan preparadas ao longo da mañá e da tarde.
GRANXA: na que poidemos aprender moitas máis cousas de animais como a avestruz, o poni, as ovellas, as cabras, os porcos, o cabalo... Tamén poidemos darlle de comer a algún destes animais.
ELABORACIÓN DO QUEIXO: quizais foi unha das actividades máis novedosas para nós. Nela poidemos saber que precisabamos para elaborar queixo e fixemos o noso propio queixiño. Leite, sal e callo(cuajo) son os ingredientes necesarios para poder facer tan rico alimento.
PROCESO DA LÁ: este tamén foi un obradoiro moi interesante. Nel poidemos ver o proceso de limpar, cardar e fiar a lá
HORTO: vimos todo o relacionado coas plantas e coa horta, aprendendo o nome dos utensilios de labranza e empregándoos no horto da Casa do Queixo.
A comida levouse a cabo nun gran comedor onde saboreamos tortilla, macarróns e iogur. A verdade é que nos veu moi ben repoñer forzas para poder rematar a xornada.
Xa ás 16:30 volvimos a montar no bus para volver a Mondoñedo. O cansancio fíxose notar e algúns viñemos disfrutando dunha boa sesta.
Todo transcorreu con normalidade, portámonos moi ben e vivimos unha experiencia inolvidable.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

1 Response to "CASA DO QUEIXO"

  1. vane rego Says:
    17 de abril de 2010, 6:55

    que ben o pasaron e cantas ganas tiñan de ir! aprenderon unha morea de cousas, xa que coñecían os productos pero non a súa elaboración, e virona en vivo e directo, mellor imposible. alégrome de que se portaran ben, xa se ve o traballadores que son, como arranxaron a terra, fixeron queixo...moi ben!!!

Publicar un comentario