CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL - LETRAS GALEGAS 2010
- Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema: a cidade.
- Debuxos: feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema: a cidade.
2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais.
3.-Establécense 3 categorías: A, ata 8 anos, B de 9 a 11 anos, C de 12 a 16 anos.
4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 6 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA MUNICIPAL.
5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, selecionará por cada modalidade e categoría un máximo de 3 traballos.
6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público antes do DIA DAS LETRAS GALEGAS.
Animádevos a participar Golfiñ@s, a vosa modalidade sería a de Debuxo. Se queredes a folla dos datos persoais non tedes máis que pedirma.
25 de abril de 2010, 2:47
pois hai que intentalo! o importante sempre é participar. así que preparar as pinturas e a debuxar golfiños