DÍA DO LIBRO


O 23 de Abril conmemórase o falecemento de 3 escritores: o español Miguel de Cervantes y Saavedra, o inglés William Shakespeare e o cronista Garcilaso de la Vega. Por este motivo a Unesco, no ano 1995, aprobou proclamar o 23 de Abril de cada ano o "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor".
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de Outubro de 1926, en conmemoración do nacemento do autor de "El Quijote".
No 1930, a data trasládase ao 23 de Abril, día do falecemento do citado autor, Cervantes.
Finalmente foi o 15 de Novembro de 1995 cando a Unesco proclamou ese día como o "Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor".
No noso país, este mesmo día, entrégase o Premio Miguel de Cervantes.
Ademáis esta xornada é aproveitada por moitos autores para promocionar o seu último libro. Tamén os editores e libreiros acostuman facer descontos especiais na venta de libros.
Como nota curiosa, dicir que en Cataluña celébrase o Día do Libro de maneira especial ao coincidir coa celebración de "Sant Jordi". É costume que os homes agasallen ás mulleres con rosas e elas a eles con libros.
E agora que xa sabedes algo máis do Día do Libro, espero que, polo menos mañá, lle adiquedes un momento á lectura. No cole intentaremos facer algo especial para conmemoralo.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

1 Response to "DÍA DO LIBRO"

  1. vane rego Says:
    25 de abril de 2010, 2:58

    o meu tempo de lecer adícollo á miña adoradísima lectura, espero transmitirlle o gusto por ela tamén a Nayara, a lectura aportanos unha morea de coñecementos e ao tempo relaxa moitísimo jajaja

Publicar un comentario