NON PUIDO SER

No día de onte, facíanse públicos os finalistas do Premio Espiral Edublogs 2010 e teño que comunicarvos que non estamos entre eles. É unha pena pero seguirémolo intentando nos vindeiros cursos e seguro que algún día acadaremos ser finalistas e quen sabe se gañadores.

A verdade é que competíamos con blogues moi elaborados nos que podíamos atopar moitísimos recursos e enlaces a páxinas educativas. Xa estivemos mirando os blogues finalistas para seguir aprendendo e mellorando.

De tódolos xeitos, douvos as GRAZAS a todos os que durante estes días entraste no noso blogue e nos deixastes algún comentario na páxina do concurso. As vosas visitas e os vosos comentarios son os que nos dan forzas para seguir co blogue. A TOD@S GRAZAS!!! E por certo, en breves chegaremos ás 3.000 visitas...
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

1 Response to "NON PUIDO SER"

  1. vane rego Says:
    25 de abril de 2010, 2:41

    GRAZAS A TI CRIS! déchenos ti a posibilidade de ter blogue e de poder participar, así que todo foi grazas a ti, para o ano a intentalo de novo

Publicar un comentario