VISITA AO CENTRO DE INFORMACIÓN DO CONSUMO DE VEGADEO

O pasado venres 27 de Novembro os nen@s de 5 anos e os nen@s de 2º puxemos rumbo cara Vegadeo para visitar o Centro de Información do Consumo. Acompañáronnos as nosas titoras, Cris e Mª José, xunto coa profe Noelia, a coidadora de Abel, María; a nosa dire Cova e tamén Belén, unha rapaza que está a facer as prácticas na nosa clase.
A viaxe transcorreu sen problemas e ademais foi ben curta, case non nos enteramos dela. Unha vez alí tocounos aos peques entrar de primeiros e os de 2º agardaron o seu turno vendo unha película no Colexio Público Jovellanos de Vegadeo.
Cris, xa nos contara algo do que iamos a facer alí pero non sabíamos moi ben como era aquelo aínda que ao entrar nos levamos unha grata sorpresa. A nosa monitora chamábase Montse e con ela e coa axuda das nosas profes fomos capaces de levar a cabo o obradoiro proposto.
A actividade consistía en elaborar unha receita de cociña: MAGDALENAS. Pero antes debíamos ter que mercar todos os ingredientes necesarios para elaborar a receita. Dividíronnos en 4 grupos aproveitando xa os equipos que temos na aula: VERMELLO, AZUL, AMARELO e VERDE.
A cada un dos grupos entregousenos un monedero con cartos(de mentira claro), unha bolsa da compra, unha lista cos ingredientes necesarios e un carriño coma os que atopamos en calquer super aínda que de pequeno tamaño. Entre todos os membros do equipo decidimos quen de nós ía levar cada unha desas cousas.
Tomada a decisión pasamos a un mini-super que parecía dos de verdade. Alí tivemos que ir buscando os ingredientes e meténdoos no carriño. Unha vez que tiñamos os ingredientes agardamos con paciencia na cola da caixa. Debíamos de pagar todo e tamén saber se mercáramos todo correctamente.
E xa coa compra feita chegou o momento de cociñar. Antes tivemos que lavar as mans, poñer un gorro de cociñeiro e un mandil. Parecíamos verdadeiros Arguiñanos!!! Ao redor dunha roda, que simulaba a Roda dos Alimentos, fomos elaborando a receita baixo a supervisión da nosa monitora Montse.
Todos colaboramos, todos batimos, todos botamos algo no cunco, e todos soubemos agardar o noso turno con paciencia. Así que un bravo polos nenos e nenas de 5 anos!!!
Despois de ter todos os ingredientes mezclados, tocaba esperar a que as magdalenas se fixesen no forno. Mentres nós pintabamos unhas bolsiñas para despois levar nelas a nosa magdalena. E tamén asinamos nun GRAN LIBRO.
Xa coa nosa magdalena, Montse entregounos a cada un uns lapis de cores como recordo do noso paso por alí. A nosa experiencia remataba e agora tocáballes aos nosos compañeir@s de 2º.
Nós fomos comer as nosas magdalenas ao Colexio Público Jovellanos e despois trasladámonos a un pavillón que foi onde comimos agardando polos nenos e nenas de 2º. No pavillón fixemos carreiras coa nosa profe Cris e tanto correr fixo que o noso apetito se abrise así que chegou a hora de comer. Disfrutamos dunha comida diferente nun sitio diferente pero non por iso menos divertido.
A volta foi igual de tranquila que a ida e chegamos a Mondoñedo moi contentos e con moitas vivencias por contar.
Deixámosvos algunhas instantáneas deste día tan especial.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PARABÉNS ANTÍA E DAVID RIVAS

Durante este mes de Novembro tivemos dous aniversarios. O primeiro foi o de ANTÍA, o día 19 e o seguinte foi o de DAVID RIVAS o día 25.
Calquera dos dous trouxeron uns ricos biscoitos que tod@s disfrutamos, sopramos as candeas e cantámoslles o Cumpreanos Feliz.
Parabéns aos dous!!!






  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

RATA LINDA

O pasado 24 de Novembro nada máis chegar ao cole marchamos cara á Casa da Xuventude pois iamos disfrutar dunha divertida obra de teatro titulada RATA LINDA.

Esta obra de teatro está baseada na obra de Bernardino Graña que tén por título RATA LINDA DE COMPOSTELA que é unha recreación en romance da Ratita Presumida, situando a historia na cidade de Santiago de Compostela. As ilustracións do conto pertencen a Manuel Uhía.

Da historia nos vos contamos máis xa que todos levamos o conto para a casa pero que saibades que a obra é moito máis divertida e ademais ten algunha variación.

Pasámolo moi ben e ademais portámonos fenomenal tanto na obra como no traxecto, obedecimos ás profes e fomos sempre pola beiriña.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

MAGOSTO 2009

O día 11 de Novembro, coincidindo co San Martiño, celebramos no colexio o Magosto. Esta festa tan tradicional na nosa comunidade e adicada á CASTAÑA.

Os días previos adicámonos a preparar con moito esmero as nosas cestiñas e tamén unhas simpáticas viseiras.

Pola tarde tod@s os nen@s do colexio poidemos disfrutar de tan sabroso froito seco. E para que o vexades aquí vos deixamos estas instantáneas.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

FESTA DO OUTONO

O Luns 9 de Novembro celebramos en Educación Infantil a Festa do Outono. Para iso trouxemos da nosa casa diferentes cousas:






  • FROITAS CARNOSAS: kiwis, laranxas, mazás, uvas...


  • FROITOS SECOS: pistachos, noces, avelás, améndoas...


  • POSTRES ELABORADOS CON ALGUNHA DAS FROITAS OU FROITOS ANTERIORES.


Tódolos nenos e nenas aportaron algo á festa e por iso lles damos as grazas a tod@s e tamén ás familias pola súa colaboración.



Os nosos mestres prepararon todo, incluso elaboraron uns ricos espetos de froitas. Todo estaba boísimo!!!











  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

ESPETOS DE FROITAS CARNOSAS

Coa chegada do Outono, lembramos as características principais desta estación sendo a máis relevante a caída de follas das árbores así como esas tonalidades marróns e amarelas que se poden observar no entorno.


Pero tamén co Outono, comeza a chegar o frío e no súper comezamos a ver froitas que durante o verán non se vían: granadas, mandarinas, uvas, laranxas, mazás... Estas froitas chámanse CARNOSAS.


Ademais de estas froitas carnosas tamén hai unha gran variedade de FROITOS SECOS como as améndoas, avelás, pistachos, noces e CASTAÑAS que teñen un protagonismo especial a través dos MAGOSTOS, festas adicadas a ese froito e onde é habitual comelo asado. No noso cole tamén imos celebrar un MAGOSTO o vindeiro Mércores 11 de Novembro e xa estamos preparándonos para a ocasión.


En fin, que todo este rollo viña para contarvos que aproveitamos este traballo para meternos un pouquiño no mundo da cociña e converternos por un momento nuns verdadeiros cociñeiros.


A profe Cris, preparouno todo. Iamos a facer uns apetitosos ESPETOS DE FROITAS CARNOSAS. As froitas elexidas eran as UVAS, as MAZÁS, as MANDARINAS e os KIWIS. Como bos cociñeiros, primeiro lavamos as nosas mans cun xel especial que mercou a profe e para o cal non se precisa auga! Despois preparamos os ingredientes e... MANS Á OBRA!


Pero antes, traballamos un texto novo: AS RECEITAS DE COCIÑA. Vimos as súas partes e esta vez escribimos os seus ingredientes.


Para que vexades que ben o pasamos e canto nos gustaron eses espetos deixámosvos este video e algunha que outra foto.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

ANIVERSARIOS





Tamén o venres celebramos os aniversarios de Kevin e Abel aínda que xa cumpriran anos ao longo da semana. Kevin fíxoo o Luns 26 e Abel facíao o Mércores 28.
Como podedes ver, unha vez máis, saboreamos un exquisito biscoito e relamimos as tan desexadas figuriñas de chocolate.
Parabéns aos dous!!
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

CABAZA DE SAMAÍN



O venres o noso compañeiro Bruno troúxonos esta cabaza tan orixinal para decorar a nosa clase facendo alusión ao Samaín galego ou ao Halloween americano, que, aínda que non o celebramos no colexio, sabemos cousas del.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS