ATA SEMPRE COMPIS!!!

Nestas dúas últimas semanas despedimos a dous compañeiros que van iniciar unha nova vida noutros lugares distintos. ANDREW marchou para Ferreira e TERESA para Lugo. Aos dous desexámoslles moita sorte nos seus novos coles e cos seus novos compañeiros. Agardamos que non se esquezan de nós e que nos visiten ou escriban de vez en cando.
MOITA SORTE RAPACES!!!




  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

ENTROIDO 2010



Como ben sabedes o venres día 12 de Febreiro celebramos no colexio o Entroido. Multitude de disfraces desfilaron polo patio cuberto ao son da música máis carnavaleira. Os Golfiños quixemos facer alusión ao noso nome e disfrazámonos de peixeiros e peixeiras xunto coa nosa profe Cris e tamén con Belén que nos visitou levándonos unha gran sorpresa.

A xornada foi de festa e rematámola coa tradicional queima do Entroido.

ENTROIDO 2010


Para ver máis fotos pinchade na anterior.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PARA O XOVES...


LEVÁNTATE DA CAMA PERO VENTE AO COLE CO PIXAMA.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PARA MAÑÁ...


Se do entroido queres disfrutar, algo na cabeza tés que levar.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

O MANDADIÑO ORDEA...


Para mañá Martes 9 de Febreiro o Mandadiño ordea traer algo de cor vermella. Un pantalón, un xersei, unha bufanda, un gorro... con que sexa vermello vale.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PARABÉNS REBECA



Bueno estos días vai de aniversarios. A finais de xaneiro cumpría Lorena, o pasado venres fíxoo David Otero e hoxe tocoulle o turno a Rebeca.
Xa sabedes doutras veces, que houbo biscoito, candeas e a gran entonación que facemos do "Cumpreanos Feliz". Ademais Rebeca quixo obsequiarnos cun agasallo para á aula polo que lle damos tamén as grazas.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

O MANDADIÑO



Como ben sabedes a partir do luns día 8 adentrámonos na Semana do Entroido e para facelo con bo pé o Mandadiño ordéanos que veñamos á escola cun calcetín por riba da perneira do pantalón.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

FELIZ CUMPREANOS DAVID!!!

O noso compañeiro David Otero está de aniversario e como non podía ser de outro xeito quixo celebralo con tod@s nós. Desde aquí dámoslle os nosos Parabéns.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS