Mostrando entradas con la etiqueta VISITAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VISITAS. Mostrar todas las entradas

CASA DO QUEIXO

Por fin o pasado luns chegou o tan esperado día da excursión. Ás 9:30 poñiamos rumbo á Casa do Queixo: ben sentadiños, co cinturón de seguridade posto e con moitas ganas de pasalo ben e aprender moitas cousas.
Chegamos a destino cerca das 11 da mañá e alí xa nos esperaban os nos@s monitores para dividirnos en 4 grupos ben identificados cunhas gravatas de cores: AZUL, GRIS, AMARELO E LARANXA. Cada grupo iría pasando de maneira rotatoria polas diferentes actividades que nos tiñan preparadas ao longo da mañá e da tarde.
GRANXA: na que poidemos aprender moitas máis cousas de animais como a avestruz, o poni, as ovellas, as cabras, os porcos, o cabalo... Tamén poidemos darlle de comer a algún destes animais.
ELABORACIÓN DO QUEIXO: quizais foi unha das actividades máis novedosas para nós. Nela poidemos saber que precisabamos para elaborar queixo e fixemos o noso propio queixiño. Leite, sal e callo(cuajo) son os ingredientes necesarios para poder facer tan rico alimento.
PROCESO DA LÁ: este tamén foi un obradoiro moi interesante. Nel poidemos ver o proceso de limpar, cardar e fiar a lá
HORTO: vimos todo o relacionado coas plantas e coa horta, aprendendo o nome dos utensilios de labranza e empregándoos no horto da Casa do Queixo.
A comida levouse a cabo nun gran comedor onde saboreamos tortilla, macarróns e iogur. A verdade é que nos veu moi ben repoñer forzas para poder rematar a xornada.
Xa ás 16:30 volvimos a montar no bus para volver a Mondoñedo. O cansancio fíxose notar e algúns viñemos disfrutando dunha boa sesta.
Todo transcorreu con normalidade, portámonos moi ben e vivimos unha experiencia inolvidable.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO

Como xa sabedes o vindeiro 12 de Abril iremos de excursión á CASA DO QUEIXO, que se atopa no concello coruñés de Sobrado dos Monxes.


Para que vós, os pais e nais, poidades ver e saber algo máis da visita que van a facer os vosos pequenos déixovos o enlace da páxina web da Casa do Queixo na sección de Webs de interese. Tamén pinchando na foto poderedes aceder á citada web.





  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

BELÉN DE BEGONTE


Por fin o pasado luns poidemos ir a visitar o Belén electróncio de Begonte. A visita xa estaba programada para antes das vacacións de Nadal, pero daquela as condicións metereolóxicas non nolo permitiron.
Aos Golfiñ@s tocounos ir no primeiro turno, xunto cos peques de 3 anos. Chegamos a Begonte cerca das 10 e media e nada máis baixarnos do autobus entramos a ver o Belén. Un rapaz púxonos en funcionamento todo o que alí había e poidemos ver como as figuriñas facían cada unha o seu traballo. Gustounos moito o paso do día á noite, coa tormenta incluida, a aparición da lúa, do anxo... Tamén nos gustaron moito unhas cabras que andaban a brincar por alí así como os Reis Magos cando fixeron a súa aparición.
Aquelo durou pouco e tivemos que sair xa que o seguinte turno(4 anos e 2º) xa estaban a esperar para entrar eles. De camiño a Mondoñedo fómonos cruzando cos nosos compañeiros que levaban a mesma ruta que levamos nós ás 9 e media.
Foi unha mañá atípica e creo que nos soubo a pouco.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS