NOVO CURSO

Bueno Golfiñ@s, o verán aínda non rematou pero as nosas vacacións tocan fin. Despois de dous longos meses de descanso toca volver a empezar. Avecíñase un novo curso, un curso especial para vós, no cal ides a comezar a Educación Primaria. De seguro que ao longo dos vindeiros nove meses viviredes un montón de experiencias novas e adquirides un montón de novas aprendizaxes.

A verdade é qeu me houbese gustado tervos publicadas máis entradas durante o verán pero as circunstancias fixeron que a profe Cris non o pasase moi ben nestes meses. Así que débovos unhas disculpas.

Agora xa teño as pilas recargadas e teño moitísimas ganas e moita ilusión por comezar o curso. Este ano estarei cos nenos de 4 anos, e como non podía ser de outro xeito eles tamén terán o seu blogue igual que o tivestes vós. De momento non sabemos a dirección nin o nome pero en canto o saiba deixarei aquí o enlace ao mesmo.

Non me despido de vós, porque vos seguirei vendo tódolos días, pero si imos despedir a nosa bitácora. Ata aquí chegou a nosa aventura cos Golfiños, agora novos mares se abren para vós e deséxovos de todo corazón UNHA BOA TRAVESÍA!!!

Moitos biquiños Golfiñ@s.


ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

OS MEUS GOLFIÑ@S GRADUAD@S

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

ACTIVIDADES FIN DE CURSO

LUNS 21 DE XUÑO

- Concerto Didáctico ofrecido pola Escola de Música de Mondoñedo no cal participarán algúns dos
nos@s compañeir@s do cole. Dará comezo ás 10:30 h.

MARTES 22 DE XUÑO

- Festa Fin de Curso con colchonetas e outras actividades. Este día a xornada rematará unha hora antes do normal, é dicir, ás 13:05 h.

E OS GOLFIÑ@S LEMBRADE QUE O LUNS ÁS 16:00 H. TEREMOS A ENTREGA DE MATERIAL, DIPLOMAS E ORLAS.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

ANIVERSARIO DE DESTINY

Aínda que o día verdadeiro era o domingo 20 de xuño, Destiny quixo celebrar o seu aniversario cos seus compañeir@s o pasado venres. Esta vez non sopramos candeas nin comimos biscoito pero disfrutamos dunhas deliciosas lambetadas, mummmmmm!!!!!! Que boas estaban... E por suposto cantámoslle o "Cumpreanos Feliz".
Parabéns Destiny!!!


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

OS GOLFIÑ@S COA VERMELLA

Como sabedes o fútbol é un deporte que move masas, e máis agora que estamos en pleno Mundial no que a Selección Española é(ou era) clara favorita para alzarse co título.

E como move masas, os Golfiñ@s tamén nos metimos de cheo na estrea do noso equipo no Campionato do Mundo e por iso o pasado mércores coloreamos unha camiseta de España. Quedaron moi chulas, e senon o credes mirade para a foto.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PARABÉNS BELÉN!!!

Hoxe está de aniversario Belén, como dín os Golfiñ@s, A NOSA BELÉN. Pola mañá chamámola e démoslle unha gran sorpresa cantándolle o "Cumpreanos Feliz". Cremos que foi un dos mellores despertares que tivo Belén nos últimos tempos e un paxariño díxonos que ata lle caeu algunha bágoa.

A verdade é que a nós non nos costou nadiña facelo, e deste xeito quixemos agradecerlle todo o que fixo por nós durante as súas prácticas.

Así que Belén, fixémolo...

  • POR TODO O QUE NOS AXUDACHES
  • POLO MOITO QUE NOS QUERES
  • E POLO MOITO QUE TE QUEREMOS


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

INTERCAMBIO ENTRE PROFES






Para os/as compañeiros de profesión: aquí vos deixo a información deste Intercambio de Manualidades e Ideas Creativas promovido por Bea de "Cousas de Peques".

Aínda estades a tempo de participar, eu xa me apuntei!!!!!!!! Pinchando na foto entrades no blogue de Bea e alí tedes máis información sobre esta nova iniciativa.

Animádevos!!!!!!!!

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PARABÉNS DANIELA!!!

Onte, xoves 3 de xuño, estivo de aniversario a nosa compañeira Daniela. Para celebrarlo trouxo un rico biscoito que saboreamos despois de soprar as candeas e cantarlle o "Cumpreanos Feliz".


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

SAN COSME DA MONTAÑA

A semana pasada, en concreto o venres 28 de maio, fomos a pasar o día ao San Cosme da Montaña. Foi unha actividade promovida polo equipo de Normalización Lingüística co fin de disfrutar todos e todas dunha xornada de convivencia.
Os maiores(4º, 5º e 6º), foron camiñando, facendo así un tramo do Camiño de Santiago. Foron acompañados por Raúl, dalgunhas mestras e tamén das nais colaboradoras do comedor. Tod@s foron uns campións e todos chegaron ao San Cosme sen ningún problema, só un pouco coloradiños.
Os demais fomos en autobus. Saimos do cole pasadas as 11 da mañá e unha vez alí agardamos a chegada dos peregrinos.
Despois de soltar a adrenalina libremente polo campo que rodea a Capela de San Cosme, disfrutamos dun xantar todos xuntos: ALUMNOS/AS, MESTRES, COIDADORA E COIDADORAS DO COMEDOR, COCIÑEIRAS, RAFA E RAÚL.
Despois de xantar, uns xogos organizados por Raúl e finalmente tomamos rumbo a Mondoñedo, pero desta volta todos en autobus.
Foi unha xornada agradable da que disfrutamos todos xuntos e na cal o tempo nos acompañou xa que non choveu nin fixo excesiva calor.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

HORARIO DE XUÑO


Recórdovos que a partir de mañá, 1 de xuño, xa non temos clase polas tardes polo que o horario variará. Deste xeito entraremos ás 9:20 h. e sairemos ás 14:05 h.


Os/as nenos/as que comen no comedor sairán ás 15:00 h., uns para a casa e outros para o autobus.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

CAMIÑO DE SANTIAGO

Mañá teremos unha xornada diferente no colexio. Os nosos compañeiros de 4º, 5º e 6º de Primaria farán un tramo do Camiño de Santiago pertencente ao Camiño Norte e en concreto á etapa 28 do mesmo que vai desde Lourenzá ata Abadín.


Sairán do colexio ás 9:30 e irán pasando por distintas parroquias do concello de Mondoñedo como Barbeitas, Maariz, Padín, Casavella, Pacio, Lousada... Os demais iremos en bus, e sairemos ao redor das 11 da mañá.


O punto de encontro duns e outros será a capela de San Cosme da Montaña, na parroquia de Galgao (Abadín). Unha vez alí disfrutaremos todos xuntos de xogos e do xantar.


Aínda que non sabemos como vai estar o tempo, confiamos en que este nos acompañe así que déixovos unhas reconmedacións para mañá:




  • LEVAR ROUPA E CALZADO CÓMODO.


  • LEVAR GORRA.


  • NON TEMOS QUE LEVAR COMIDA XA QUE O COLEXIO PROPORCIONARANOS UN "PIC-NIC" COMPOSTO DUN BOCADILLO, AUGA E FROITA.


  • BOTAR CREMA PROTECTORA PARA O SOL.


  • E TRAER MOITÍSIMAS GANAS DE PASALO BEN!!!






  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

TRANSPLANTAMOS O "TAGETE"

O pasado venres pola tarde, aproveitando o bo tempo, saimos a fóra para transplantar o noso "tagete". Xa comezaba a quedárselle pequeno o testo que tiña e pasámolo a un máis grande.
Provistos de pá e auga, dirixímonos a unha zona do cole onde poder coller terra e procedimos ao transplante. A operación resultou positiva, ou eso cremos, o luns poderemos ver como está a nosa planta.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

LETRAS GALEGAS

O pasado mércores 19, celebramos o Día das Letras Galegas. Xa o iamos facer o pasado xoves 13 pero o tempo non nos deixou polo que decidimos aplazalo para este mércores.
A xornada comezou coas Carreiras Populares. Raúl e os seus axudantes tíñannos marcados os diferentes percorridos, cada un deles para cada un dos diferentes cursos. Nós, os nenos e nenas de infantil, corrimos detrás do edificio do colexio novo e os maiores comezaban tamén alí pero o seu percorrido íase alongando en función do curso.

Corrimos por aulas e houbo medallas para os tres primeiros nenos e para as tres primeiras nenas de cada aula. Os nosos gañadores foron: ALEJANDRO, YASSINE E DIEGO; E REBECA, LORENA E ADRIANA. Dende aquí doulles a noraboa a
tod@s, porque tod@s participamos e pasámolo xenial aínda que non leváramos medalla.


















Despois das carreiras, houbo a entrega de medallas a tódolos gañadores coa presencia do alcalde de Mondoñedo, Orlando González Cruz, e do concelleiro, Justo Fernández Haro.

Xa pola tarde, tivemos xogos populares os maiores e os pequenos tivemos diferentes actividades e xogos organizados polos nosos profes. O xogo das sillas, circuitos de psicomotricidade... Pasámolo xenial e disfrutamos do bo tempo que tivemos.

Creo que debemos darlle ás grazas a Raúl pola colaboración prestada, a os seus axudantes e tamén ao Rincón que foi quen donou as medallas.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

COMO MEDRAN!!!

Como o prometido é deuda, aquí vos imos a deixar dúas fotos. Unha delas é do noso "tagete", que a verdade é que non tiñamos fe en que sobrevivise pero aí o tedes, todo floreado e con pintas de seguir botando flor. Non nos digades que non está precioso!!!

E a outra foto é a nosa leituga. Cada día medra máis e xa estamos pensando na ensalada que nos imos facer con ela.

Está claro que entre as ventás da nosa clase hai un bo clima pero o noso coidado tamén é importante e para que non morran regámolas a miudo. Seguiremos informándovos da súa evolución.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas é unha celebración instaurada pola Real Academia Galega no ano 1963 co fin de homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en lingua galega ou pola defensa de dita lingua. Cada ano adícase a unha persoalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen alomenos dez anos desde o seu falecemento.



A data da celebración, 17 de Maio, débese a que ese mesmo día, pero en 1863, públicase en La Habana o primeiro exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro marcando así o inicio do "Rexurdimento" cultural galego.



Neste ano 2010, o autor homenaxeado é UXÍO NOVONEIRA.



Uxío Novoneira nace o 19 de Xaneiro de 1930 en Parada de Moreda(Folgoso do Courel - Lugo). Novoneira realiza os seus estudios de bacharelato en Lugo e máis tarde marcha a Madrid onde se matricula na Facultade de Letras. Anos despois volvería a Galicia, en concreto a Santiago de Compostela onde establecería a súa residencia ata a súa morte en 1999.



A súa terra natal, O Courel, así como todo o que a rodea sería a súa fonte de inspiración para as súas obras. Algunhas delas son: Os Eidos; O cubil do Xabarín, Gorgorín e cabezón; Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín...



Uxío Novoneira traballou tamén na radio e na televisión aínda que a súa gran paixón era escribir. Foi tamén presidente da Asociación de Escritores en lingua galega ata a súa morte.







Aquí vos deixamos un pequeno traballo que fixemos ao longo da semana pasada sobre o UXÍO NOVONEIRA.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

A NOSA LEITUGA

















Aínda que non o poidades crer, esta é a leituga que plantamos na Casa do Queixo o pasado 12 de Abril.
Descubrimos que entre as ventás da nosa aula hai un micro-clima que facilita o seu crecemento, eso si, non deixamos de regala.
Quen sabe se en breves poderemos facer unha deliciosa ensalda con ela!!!!!
Seguiremos informándovos da súa evolución.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

GRAZAS A TOD@S

Flower Text - ImageChef.com

Chegamos ás 3.000 visitas!!!. Non foi un camiño fácil pero nel sentímonos moi respaldados por pais, nais, compañeir@s, outros profes e outras persoas que de vez en cando entrades na nosa xaneliña para ver o que andamos a facer.

Sabemos que non vos gusta moito deixar comentarios pero unha vez máis animámosvos a que o faigades xa que a nós fainos moita ilusión cando temos algún novo.

Bueno, aínda quedan dous meses de curso así que confiamos en poder ampliar ese número e lembrade que sen vós, este blogue non tería sentido. MIL GRAZAS!!!
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

DÍA DO LIBRO


O 23 de Abril conmemórase o falecemento de 3 escritores: o español Miguel de Cervantes y Saavedra, o inglés William Shakespeare e o cronista Garcilaso de la Vega. Por este motivo a Unesco, no ano 1995, aprobou proclamar o 23 de Abril de cada ano o "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor".
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de Outubro de 1926, en conmemoración do nacemento do autor de "El Quijote".
No 1930, a data trasládase ao 23 de Abril, día do falecemento do citado autor, Cervantes.
Finalmente foi o 15 de Novembro de 1995 cando a Unesco proclamou ese día como o "Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor".
No noso país, este mesmo día, entrégase o Premio Miguel de Cervantes.
Ademáis esta xornada é aproveitada por moitos autores para promocionar o seu último libro. Tamén os editores e libreiros acostuman facer descontos especiais na venta de libros.
Como nota curiosa, dicir que en Cataluña celébrase o Día do Libro de maneira especial ao coincidir coa celebración de "Sant Jordi". É costume que os homes agasallen ás mulleres con rosas e elas a eles con libros.
E agora que xa sabedes algo máis do Día do Libro, espero que, polo menos mañá, lle adiquedes un momento á lectura. No cole intentaremos facer algo especial para conmemoralo.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL - LETRAS GALEGAS 2010

A Biblioteca Pública Municipal de Mondoñedo convoca o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2010 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:
1.- Poden participar tódolos nenos con:
  • Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema: a cidade.
  • Debuxos: feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema: a cidade.

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais.

3.-Establécense 3 categorías: A, ata 8 anos, B de 9 a 11 anos, C de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 6 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA MUNICIPAL.

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, selecionará por cada modalidade e categoría un máximo de 3 traballos.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

7.- O fallo do xurado local farase público antes do DIA DAS LETRAS GALEGAS.

Animádevos a participar Golfiñ@s, a vosa modalidade sería a de Debuxo. Se queredes a folla dos datos persoais non tedes máis que pedirma.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

NON PUIDO SER

No día de onte, facíanse públicos os finalistas do Premio Espiral Edublogs 2010 e teño que comunicarvos que non estamos entre eles. É unha pena pero seguirémolo intentando nos vindeiros cursos e seguro que algún día acadaremos ser finalistas e quen sabe se gañadores.

A verdade é que competíamos con blogues moi elaborados nos que podíamos atopar moitísimos recursos e enlaces a páxinas educativas. Xa estivemos mirando os blogues finalistas para seguir aprendendo e mellorando.

De tódolos xeitos, douvos as GRAZAS a todos os que durante estes días entraste no noso blogue e nos deixastes algún comentario na páxina do concurso. As vosas visitas e os vosos comentarios son os que nos dan forzas para seguir co blogue. A TOD@S GRAZAS!!! E por certo, en breves chegaremos ás 3.000 visitas...
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

WEB DO CEIP ALVARO CUNQUEIRO

A páxina web do noso cole xa está en marcha. Nela poderedes atopar toda a información relacionada coas diferentes actividades que se realizan no centro así como tamén unha extensa galería fotográfica. Pouco a pouco seguiremos traballando nela para que os contidos ofrecidos sexan cada vez máis numerosos. Podedes aceder a ela pinchando aquí.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

CASA DO QUEIXO

Por fin o pasado luns chegou o tan esperado día da excursión. Ás 9:30 poñiamos rumbo á Casa do Queixo: ben sentadiños, co cinturón de seguridade posto e con moitas ganas de pasalo ben e aprender moitas cousas.
Chegamos a destino cerca das 11 da mañá e alí xa nos esperaban os nos@s monitores para dividirnos en 4 grupos ben identificados cunhas gravatas de cores: AZUL, GRIS, AMARELO E LARANXA. Cada grupo iría pasando de maneira rotatoria polas diferentes actividades que nos tiñan preparadas ao longo da mañá e da tarde.
GRANXA: na que poidemos aprender moitas máis cousas de animais como a avestruz, o poni, as ovellas, as cabras, os porcos, o cabalo... Tamén poidemos darlle de comer a algún destes animais.
ELABORACIÓN DO QUEIXO: quizais foi unha das actividades máis novedosas para nós. Nela poidemos saber que precisabamos para elaborar queixo e fixemos o noso propio queixiño. Leite, sal e callo(cuajo) son os ingredientes necesarios para poder facer tan rico alimento.
PROCESO DA LÁ: este tamén foi un obradoiro moi interesante. Nel poidemos ver o proceso de limpar, cardar e fiar a lá
HORTO: vimos todo o relacionado coas plantas e coa horta, aprendendo o nome dos utensilios de labranza e empregándoos no horto da Casa do Queixo.
A comida levouse a cabo nun gran comedor onde saboreamos tortilla, macarróns e iogur. A verdade é que nos veu moi ben repoñer forzas para poder rematar a xornada.
Xa ás 16:30 volvimos a montar no bus para volver a Mondoñedo. O cansancio fíxose notar e algúns viñemos disfrutando dunha boa sesta.
Todo transcorreu con normalidade, portámonos moi ben e vivimos unha experiencia inolvidable.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

IMOS DE EXCURSIÓN!!!!


Pois si, xa case chegou o día!!! O vindeiro luns imos de excursión á Casa do Queixo. Marcharemos ás 9.30 do colexio acompañad@s dos nosos mestres: Amparo, Javi, Mª José Gayoso, Ana, Cris, Mª José Fidalgo e tamén nos acompañará María, a coidadora.

Déixovos unhas pequenas indicacións para ese día:




  • Non levaremos mochila. As profes levarán galletas e auga por se cando cheguemos a Sobrado temos algo de fame.


  • Levaremos unha gorra para que Lourenzo non nos queime demasiado.


  • Vestiremos ROUPA E CALZADO CÓMODO. Se vemos que chove levaremos un calzado que nos protexa da choiva.


  • Non necesitamos cartos polo que non levaremos nin un céntimo. Alí temos todo pagado.


  • Se nos mareamos, tomaremos algo antes de sair e podemos levar tamén para a volta, dándolle o que sexa á profe ao subir ao bus. A profe xa se encargará de que o tomemos antes de volver para Mondoñedo.


  • No bus, iremos ben sentadiños cos cinturóns postos, sen berrar e sen poñer os pés nos asientos. Todo esto é importante, o condutor non pode distraerse con nós.


  • Na Casa do Queixo obedeceremos aos monitores e monitoras. Eles son coma os nosos profes e temos que facerlles caso en todo momento. Se a profe se entera de que esto non é así teremos que tratar un pequeno castigo... e non nos gustaría, verdade????


  • E por último, HAI QUE TRAER UNHA GRAN DOSE DE GAÑAS DE PASALO BEN E DISFRUTAR DUN DÍA ESPECIAL.


Bueno e creo que nada máis. Lembrarvos que voltaremos sobre as 6 da tarde, aproximadamente. Se nos retrasamos un pouquiño que os papis e mamis non se preocupen, as viaxes xa sabemos como son e pode surxir calquer imprevisto. De todas formas, no colexio estarán en contacto cos profes e saberán en todo momento onde e como estamos.


Ahhhhhhhhhhhhhhhhhhhh, xa se me olvidaba unha cousa. O DOMINGO HAI QUE DEITARSE ALGO MÁIS CEDO DO HABITUAL PARA IR BEN DESCANSADIÑOS.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

B E N V I D O Z A K A R I A ! ! !



Desde o martes temos un golfiño novo. Chámase Zakaría, e como xa o coñecíamos a adaptación foi rápida e fantástica. Dámoslle a benvida a Zakaría e desexamos que aprenda moitas cousas con nós.
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

2 DE ABRIL - DÍA MUNDIAL DO AUTISMO





O 7 de Novembro do 2007, a Asemblea Xeral da ONU declarou o 2 de Abril como o "Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo", co obxectivo de alertar sobre este síndrome, cuxa incidencia aumentou en todo o mundo.


O Autismo é un trastorno do desenrolo, permanente e profundo. Afecta é comunicación, imaxinación, planificación e reciprocidade emocional. Os síntomas en xeral son incapacidade de interación social, illamento...


O neno autista non se fai, nace. O bebé autista pode pasar desapercibido ata o cuarto mes de vida, a partir de aí, a evolución lingüística queda estancada, non hai reciprocidade co interlocutor, non aparecen as primeiras conductas de comunicación intencionadas(miradas, sinalar...). Existen moitas hipótesis e liñas de investigación acerca da orixe do autismo pero aínda é descoñecida. Non hai cura para os autistas, pero poden mellorar moito a súa calidade de vida coa axuda dos pictogramas e a planificación das tarefas da vida diaria.









ESTO ADICÁMOSLLO A TODOS OS NENOS E NENAS AUTISTAS PERO MOI ESPECIALMENTE AO NOSO COMPAÑEIRO ABEL.




  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

FELICES VACACIÓNS



Ola Golfiñ@s!!!

Espero que esteñades pasando unhas boas vacacións, que esteñades descansando e ao mesmo tempo disfrutando do tempo libre. Repoñede forzas porque despois desta semaniña espéranos moito traballo, a excursión á Casa do Queixo e a recta final do curso.

Durante estes días poñereivos novos recursos para que poidades disfrutar aprendendo. Biquiños da Profe Cris.



ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more
  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO

Como xa sabedes o vindeiro 12 de Abril iremos de excursión á CASA DO QUEIXO, que se atopa no concello coruñés de Sobrado dos Monxes.


Para que vós, os pais e nais, poidades ver e saber algo máis da visita que van a facer os vosos pequenos déixovos o enlace da páxina web da Casa do Queixo na sección de Webs de interese. Tamén pinchando na foto poderedes aceder á citada web.





  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

A RODA DOS ALIMENTOS

Como ao longo de este trimestre estivemos traballando aspectos relacionados co Corpo e co seu coidado e alimentación, decidimos elaborar a nosa particular Roda dos Alimentos. Desta forma, vimos todas as clases de alimentos sabendo xa que temos que comer de todo para facer unha dieta sá e equilibrada e poder así medrar moito, fortes e sáns.


Para facela empregamos folletos das ofertas dos supermercados e neles fomos buscando todos os alimentos. Fixémolo en grupos conseguindo así traballar a cooperación e a colaboración entre os compañeiros. Unha vez que tiñamos todos os alimentos fómolos pegando no lugar correspondente.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

PREMIO "EDUCANDO CON AMOR"

Da man de Bea e os seus peques chéganos este premio. GRAZAS.





Os nosos 4 nominados son:

Juana, de OS TRASNOS DE PORTOFARO

Ana, de AS COUSAS DA NOSA CLASE

Mestras de Infantil, de OS PARRULOS DA RÍA

e Belén, de AS TIC'S EN EDUCACIÓN INFANTIL


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

SEMANA DA PRENSA

Desde o luns 8 ata o venres 12 de marzo celebrouse nos centros educativos a Semana da Prensa, según sinala o Calendario Escolar(Orde do 15 de xuño de 2009). Esta orde tamén sinala que alomenos un día desa semana débese adicar ao traballo na aula da prensa.
E como nós somos moi obedientes, o venres estivemos a traballar cos periódicos que tiñamos na aula. Primeiro falamos un pouco sobre se algunha vez os viramos na nosa casa, se os coñecíamos, se os nosos pais e nais os lían... Despois a profe Cris explicounos un pouco as diferentes seccións dos periódicos e vimos os nomes dos mesmos aproveitando así para traballar a lectoescritura e observar diferentes tipos de fontes e textos.
Para rematar o día, un xogo: en equipos tiñamos que buscar no periódico que tiñamos as secións que Cris nos ía dicindo. Foi divertido á par que educativo e agora xa sabemos algo máis da prensa.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

NOVA VISITA Á PIZARRA DIXITAL

Esta semana volvimos á aula de informática para empregar a PDI, Pizarra Dixital Interactiva. Nesta ocasión servímonos dunha aplicación atopada na rede para traballar o trazo das letras minúsculas.




Pasámolo ben cos rotuladores especiais da pizarra así como co seu borrador máxico e ao mesmo tempo aprendimos e practicamos as minúsculas que agora que xa logo imos para primeiro temos que ir aprendéndoas.




Esperemos a profe Cris nos volva a levar outro día para seguir aprendendo cousas e descubrindo os usos das novas tecnoloxías. Deixámosvos unhas fotos.

P.D.: Esqueciamos darlle as grazas a Chus, que nos acompañou e nos sacou as fotos. GRAZAS CHUS!!!










Esta foi a aplicación que usamos. Atopámola en http://marife.wordpress.com/. Tedes o enlace na columna da dereita.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS