SAN COSME DA MONTAÑA

A semana pasada, en concreto o venres 28 de maio, fomos a pasar o día ao San Cosme da Montaña. Foi unha actividade promovida polo equipo de Normalización Lingüística co fin de disfrutar todos e todas dunha xornada de convivencia.
Os maiores(4º, 5º e 6º), foron camiñando, facendo así un tramo do Camiño de Santiago. Foron acompañados por Raúl, dalgunhas mestras e tamén das nais colaboradoras do comedor. Tod@s foron uns campións e todos chegaron ao San Cosme sen ningún problema, só un pouco coloradiños.
Os demais fomos en autobus. Saimos do cole pasadas as 11 da mañá e unha vez alí agardamos a chegada dos peregrinos.
Despois de soltar a adrenalina libremente polo campo que rodea a Capela de San Cosme, disfrutamos dun xantar todos xuntos: ALUMNOS/AS, MESTRES, COIDADORA E COIDADORAS DO COMEDOR, COCIÑEIRAS, RAFA E RAÚL.
Despois de xantar, uns xogos organizados por Raúl e finalmente tomamos rumbo a Mondoñedo, pero desta volta todos en autobus.
Foi unha xornada agradable da que disfrutamos todos xuntos e na cal o tempo nos acompañou xa que non choveu nin fixo excesiva calor.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

1 Response to "SAN COSME DA MONTAÑA"

  1. vane rego Says:
    7 de junio de 2010, 13:40

    que ben o pasaron e por sorte o tempo acompañou. que peniña da ver que é a última saída como nenos de infantil...

Publicar un comentario