A RODA DOS ALIMENTOS

Como ao longo de este trimestre estivemos traballando aspectos relacionados co Corpo e co seu coidado e alimentación, decidimos elaborar a nosa particular Roda dos Alimentos. Desta forma, vimos todas as clases de alimentos sabendo xa que temos que comer de todo para facer unha dieta sá e equilibrada e poder así medrar moito, fortes e sáns.


Para facela empregamos folletos das ofertas dos supermercados e neles fomos buscando todos os alimentos. Fixémolo en grupos conseguindo así traballar a cooperación e a colaboración entre os compañeiros. Unha vez que tiñamos todos os alimentos fómolos pegando no lugar correspondente.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

2 Response to "A RODA DOS ALIMENTOS"

  1. Belén Says:
    22 de marzo de 2010, 8:06

    Esta actividade está moi ben, foi unha maneira divertida de ensinar ós nenos moitas cousas tanto relacionadas coa alimentación como coa colaboración en grupo como di Cris.
    E seguro que aprendendo se divertiron moito.

  2. vane rego Says:
    22 de marzo de 2010, 11:24

    é unha idea xenial para traballar a alimentación! seguro que o pasaron pipa e ao mesmo tempo aprenderon como comer ben

Publicar un comentario