NOVA VISITA Á PIZARRA DIXITAL

Esta semana volvimos á aula de informática para empregar a PDI, Pizarra Dixital Interactiva. Nesta ocasión servímonos dunha aplicación atopada na rede para traballar o trazo das letras minúsculas.




Pasámolo ben cos rotuladores especiais da pizarra así como co seu borrador máxico e ao mesmo tempo aprendimos e practicamos as minúsculas que agora que xa logo imos para primeiro temos que ir aprendéndoas.




Esperemos a profe Cris nos volva a levar outro día para seguir aprendendo cousas e descubrindo os usos das novas tecnoloxías. Deixámosvos unhas fotos.

P.D.: Esqueciamos darlle as grazas a Chus, que nos acompañou e nos sacou as fotos. GRAZAS CHUS!!!










Esta foi a aplicación que usamos. Atopámola en http://marife.wordpress.com/. Tedes o enlace na columna da dereita.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

1 Response to "NOVA VISITA Á PIZARRA DIXITAL"

  1. vane rego Says:
    14 de marzo de 2010, 10:59

    que ben lles fai! é unha forma nova de aprender fascinante, á parte de que se sinten atraídos a voltar a traballar nela. logo deixan infantil, fanse maiores!

Publicar un comentario