SEMANA DA PRENSA

Desde o luns 8 ata o venres 12 de marzo celebrouse nos centros educativos a Semana da Prensa, según sinala o Calendario Escolar(Orde do 15 de xuño de 2009). Esta orde tamén sinala que alomenos un día desa semana débese adicar ao traballo na aula da prensa.
E como nós somos moi obedientes, o venres estivemos a traballar cos periódicos que tiñamos na aula. Primeiro falamos un pouco sobre se algunha vez os viramos na nosa casa, se os coñecíamos, se os nosos pais e nais os lían... Despois a profe Cris explicounos un pouco as diferentes seccións dos periódicos e vimos os nomes dos mesmos aproveitando así para traballar a lectoescritura e observar diferentes tipos de fontes e textos.
Para rematar o día, un xogo: en equipos tiñamos que buscar no periódico que tiñamos as secións que Cris nos ía dicindo. Foi divertido á par que educativo e agora xa sabemos algo máis da prensa.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

1 Response to "SEMANA DA PRENSA"

  1. vane rego Says:
    14 de marzo de 2010, 11:04

    que entretidos estiveron cos periódicos! debía estar interesante o xogo, parecen os máis formaliños do mundo jajaja. é unha boa forma de fomentar a lectura e que o día de mañá lle adiquen polo menos algo do seu tempo de lecer, que xa sería un logro

Publicar un comentario