LETRAS GALEGAS

O pasado mércores 19, celebramos o Día das Letras Galegas. Xa o iamos facer o pasado xoves 13 pero o tempo non nos deixou polo que decidimos aplazalo para este mércores.
A xornada comezou coas Carreiras Populares. Raúl e os seus axudantes tíñannos marcados os diferentes percorridos, cada un deles para cada un dos diferentes cursos. Nós, os nenos e nenas de infantil, corrimos detrás do edificio do colexio novo e os maiores comezaban tamén alí pero o seu percorrido íase alongando en función do curso.

Corrimos por aulas e houbo medallas para os tres primeiros nenos e para as tres primeiras nenas de cada aula. Os nosos gañadores foron: ALEJANDRO, YASSINE E DIEGO; E REBECA, LORENA E ADRIANA. Dende aquí doulles a noraboa a
tod@s, porque tod@s participamos e pasámolo xenial aínda que non leváramos medalla.


















Despois das carreiras, houbo a entrega de medallas a tódolos gañadores coa presencia do alcalde de Mondoñedo, Orlando González Cruz, e do concelleiro, Justo Fernández Haro.

Xa pola tarde, tivemos xogos populares os maiores e os pequenos tivemos diferentes actividades e xogos organizados polos nosos profes. O xogo das sillas, circuitos de psicomotricidade... Pasámolo xenial e disfrutamos do bo tempo que tivemos.

Creo que debemos darlle ás grazas a Raúl pola colaboración prestada, a os seus axudantes e tamén ao Rincón que foi quen donou as medallas.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

1 Response to "LETRAS GALEGAS"

  1. vane rego Says:
    27 de mayo de 2010, 10:59

    parabéns golfiños! que guapos estades coas vosas medallas.daba gusto ver como corrían todos

Publicar un comentario