LETRAS GALEGAS
O Día das Letras Galegas é unha celebración instaurada pola Real Academia Galega no ano 1963 co fin de homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en lingua galega ou pola defensa de dita lingua. Cada ano adícase a unha persoalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen alomenos dez anos desde o seu falecemento.
A data da celebración, 17 de Maio, débese a que ese mesmo día, pero en 1863, públicase en La Habana o primeiro exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro marcando así o inicio do "Rexurdimento" cultural galego.
Neste ano 2010, o autor homenaxeado é UXÍO NOVONEIRA.
Uxío Novoneira nace o 19 de Xaneiro de 1930 en Parada de Moreda(Folgoso do Courel - Lugo). Novoneira realiza os seus estudios de bacharelato en Lugo e máis tarde marcha a Madrid onde se matricula na Facultade de Letras. Anos despois volvería a Galicia, en concreto a Santiago de Compostela onde establecería a súa residencia ata a súa morte en 1999.
A súa terra natal, O Courel, así como todo o que a rodea sería a súa fonte de inspiración para as súas obras. Algunhas delas son: Os Eidos; O cubil do Xabarín, Gorgorín e cabezón; Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín...
Uxío Novoneira traballou tamén na radio e na televisión aínda que a súa gran paixón era escribir. Foi tamén presidente da Asociación de Escritores en lingua galega ata a súa morte.
Aquí vos deixamos un pequeno traballo que fixemos ao longo da semana pasada sobre o UXÍO NOVONEIRA.
21 de mayo de 2010, 8:29
canto traballaron! e que fermoso quedou así de colorines. a verdade é que aprenderon moito sobre Uxío Novo Neira, cada día me comentaba Nayara cousas novas. así da gusto!