2 DE ABRIL - DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
O 7 de Novembro do 2007, a Asemblea Xeral da ONU declarou o 2 de Abril como o "Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo", co obxectivo de alertar sobre este síndrome, cuxa incidencia aumentou en todo o mundo.
O Autismo é un trastorno do desenrolo, permanente e profundo. Afecta é comunicación, imaxinación, planificación e reciprocidade emocional. Os síntomas en xeral son incapacidade de interación social, illamento...
O neno autista non se fai, nace. O bebé autista pode pasar desapercibido ata o cuarto mes de vida, a partir de aí, a evolución lingüística queda estancada, non hai reciprocidade co interlocutor, non aparecen as primeiras conductas de comunicación intencionadas(miradas, sinalar...). Existen moitas hipótesis e liñas de investigación acerca da orixe do autismo pero aínda é descoñecida. Non hai cura para os autistas, pero poden mellorar moito a súa calidade de vida coa axuda dos pictogramas e a planificación das tarefas da vida diaria.
ESTO ADICÁMOSLLO A TODOS OS NENOS E NENAS AUTISTAS PERO MOI ESPECIALMENTE AO NOSO COMPAÑEIRO ABEL.
3 de abril de 2010, 12:36
un biquiño e unha aperta moi forte a tódol@s nen@s autistas. a clase dos golfiños é unha privilexiada, incluidos nós, os papás e mamás,xa que día tras día recibimos moreas de mostras de cariño de Abel dende primeira hora da mañá e el xunto cos demais golfiños forman un grupo maravilloso (algo trastes eso sí)
14 de abril de 2010, 14:38
Estou moi dacordo con Vane, @s nen@s autistas son nen@s moi agarimosos e senon que llo preguntes ós Golfiños, xa que con Abel na clase e imposible non pasalo ben, aunque todos os nenos indiscutiblemente che fan pasar momentos de moita alegría e diversión.
Un abrazo moi grande a tod@s @s nen@s autistas en en especial a Abel.