ATA SEMPRE COMPIS!!!
Nestas dúas últimas semanas despedimos a dous compañeiros que van iniciar unha nova vida noutros lugares distintos. ANDREW marchou para Ferreira e TERESA para Lugo. Aos dous desexámoslles moita sorte nos seus novos coles e cos seus novos compañeiros. Agardamos que non se esquezan de nós e que nos visiten ou escriban de vez en cando.
MOITA SORTE RAPACES!!!
MOITA SORTE RAPACES!!!
28 de febrero de 2010, 9:38
moitos biquiños de Nayara, que de seguro vos veredes algunha vez. pasádeo super ben nos novos coles e facede moitos amiguiños, para logo xuntalos aos que vos quedan en Mondoñedo e ir de troula!
3 de marzo de 2010, 12:38
Que pena me da que estes dous golfiños avandonen o centro escolar de Mondoñedo pero, deséxolles de todo corazón que o pasen moi ben no novo cole e que faigan moitos amiguiños. Moita sorte meus meniños!