ENTROIDO 2010
Como ben sabedes o venres día 12 de Febreiro celebramos no colexio o Entroido. Multitude de disfraces desfilaron polo patio cuberto ao son da música máis carnavaleira. Os Golfiños quixemos facer alusión ao noso nome e disfrazámonos de peixeiros e peixeiras xunto coa nosa profe Cris e tamén con Belén que nos visitou levándonos unha gran sorpresa.
A xornada foi de festa e rematámola coa tradicional queima do Entroido.
ENTROIDO 2010 |
Para ver máis fotos pinchade na anterior.
28 de febrero de 2010, 9:50
que guapos estabades de pescadores e que ben o pasastes. sodes pescadores do Masma á última moda jajaja. GUAP@S!
3 de marzo de 2010, 12:41
Que día máis divertido foi o do entroido. Os nenos ían guapísimos e moi contentos. Pasámolo todos moi ben.