VISITA AO CENTRO DE INFORMACIÓN DO CONSUMO DE VEGADEO

O pasado venres 27 de Novembro os nen@s de 5 anos e os nen@s de 2º puxemos rumbo cara Vegadeo para visitar o Centro de Información do Consumo. Acompañáronnos as nosas titoras, Cris e Mª José, xunto coa profe Noelia, a coidadora de Abel, María; a nosa dire Cova e tamén Belén, unha rapaza que está a facer as prácticas na nosa clase.
A viaxe transcorreu sen problemas e ademais foi ben curta, case non nos enteramos dela. Unha vez alí tocounos aos peques entrar de primeiros e os de 2º agardaron o seu turno vendo unha película no Colexio Público Jovellanos de Vegadeo.
Cris, xa nos contara algo do que iamos a facer alí pero non sabíamos moi ben como era aquelo aínda que ao entrar nos levamos unha grata sorpresa. A nosa monitora chamábase Montse e con ela e coa axuda das nosas profes fomos capaces de levar a cabo o obradoiro proposto.
A actividade consistía en elaborar unha receita de cociña: MAGDALENAS. Pero antes debíamos ter que mercar todos os ingredientes necesarios para elaborar a receita. Dividíronnos en 4 grupos aproveitando xa os equipos que temos na aula: VERMELLO, AZUL, AMARELO e VERDE.
A cada un dos grupos entregousenos un monedero con cartos(de mentira claro), unha bolsa da compra, unha lista cos ingredientes necesarios e un carriño coma os que atopamos en calquer super aínda que de pequeno tamaño. Entre todos os membros do equipo decidimos quen de nós ía levar cada unha desas cousas.
Tomada a decisión pasamos a un mini-super que parecía dos de verdade. Alí tivemos que ir buscando os ingredientes e meténdoos no carriño. Unha vez que tiñamos os ingredientes agardamos con paciencia na cola da caixa. Debíamos de pagar todo e tamén saber se mercáramos todo correctamente.
E xa coa compra feita chegou o momento de cociñar. Antes tivemos que lavar as mans, poñer un gorro de cociñeiro e un mandil. Parecíamos verdadeiros Arguiñanos!!! Ao redor dunha roda, que simulaba a Roda dos Alimentos, fomos elaborando a receita baixo a supervisión da nosa monitora Montse.
Todos colaboramos, todos batimos, todos botamos algo no cunco, e todos soubemos agardar o noso turno con paciencia. Así que un bravo polos nenos e nenas de 5 anos!!!
Despois de ter todos os ingredientes mezclados, tocaba esperar a que as magdalenas se fixesen no forno. Mentres nós pintabamos unhas bolsiñas para despois levar nelas a nosa magdalena. E tamén asinamos nun GRAN LIBRO.
Xa coa nosa magdalena, Montse entregounos a cada un uns lapis de cores como recordo do noso paso por alí. A nosa experiencia remataba e agora tocáballes aos nosos compañeir@s de 2º.
Nós fomos comer as nosas magdalenas ao Colexio Público Jovellanos e despois trasladámonos a un pavillón que foi onde comimos agardando polos nenos e nenas de 2º. No pavillón fixemos carreiras coa nosa profe Cris e tanto correr fixo que o noso apetito se abrise así que chegou a hora de comer. Disfrutamos dunha comida diferente nun sitio diferente pero non por iso menos divertido.
A volta foi igual de tranquila que a ida e chegamos a Mondoñedo moi contentos e con moitas vivencias por contar.
Deixámosvos algunhas instantáneas deste día tan especial.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

1 Response to "VISITA AO CENTRO DE INFORMACIÓN DO CONSUMO DE VEGADEO"

  1. vane rego Says:
    12 de diciembre de 2009, 8:25

    que divertida foi a excursión! e como me alegro de que fórades tan boiños, sodes fantástic@s. moitas grazas por lembrarvos de Nayara, probou a madalena e tamen puxo o gorro de cociña jajaja.

Publicar un comentario