RATA LINDA

O pasado 24 de Novembro nada máis chegar ao cole marchamos cara á Casa da Xuventude pois iamos disfrutar dunha divertida obra de teatro titulada RATA LINDA.

Esta obra de teatro está baseada na obra de Bernardino Graña que tén por título RATA LINDA DE COMPOSTELA que é unha recreación en romance da Ratita Presumida, situando a historia na cidade de Santiago de Compostela. As ilustracións do conto pertencen a Manuel Uhía.

Da historia nos vos contamos máis xa que todos levamos o conto para a casa pero que saibades que a obra é moito máis divertida e ademais ten algunha variación.

Pasámolo moi ben e ademais portámonos fenomenal tanto na obra como no traxecto, obedecimos ás profes e fomos sempre pola beiriña.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

1 Response to "RATA LINDA"

  1. vane rego Says:
    5 de diciembre de 2009, 11:21

    o conto está xenial, e de seguro que a obra os fascinou. estas mini excursións, fan que nos demos conta de que xa van sendo maiores e comezan a ter responsabilidade.

Publicar un comentario