22 DE DECEMBRO
Mentras os maiores estaban pendientes do sorteo da Lotería por se se facían millonarios, os nenos e nenas do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora disfrutamos dunha xornada chea de actividades.
Nada máis chegar, xuntámonos tod@s no salón de actos do noso centro. Alí levouse a cabo a entrega de premios do concurso de postais de nadal promovido polo equipo da biblioteca do colexio a través da súa mascota Merliño.
Nós tamén participamos aínda que de feito grupal e por iso nos agasallaron cuns lapis moi simpáticos, os cales podedes ver na foto ao igual que a nosa tarxeta de felicitación. Nela transmitimos os nosos mellores desexos para o novo ano que comezará o vindeiro 1 de Xaneiro.
Despois da entrega de premios, fomos cara o auditorio pero como chovía tivemos que ir en autobús e en varias quendas. Alí íamos a disfrutar dunha adaptación da ópera de Humperdinnck, Hansel e Gretel inspirada no conto dos irmáns Grimm. A representación corría a cargo da Escola de Música de Mondoñedo. Xan Carballal encargouse da adaptación da orquestra e Xulia Nogueira da adaptación do guión. Tódolos actores forman parte de dita Escola de Música, dirixida polo nomeado anteriormente, Xan Carballal. A ver se nos vindeiros días podemos colgar un video que contén un pedaciño da obra.

24 de diciembre de 2009, 8:40
qué ben o pasan estes pilabáns! quen nos dera voltar á infancia por uns días jijiji. para case todos xa ir no autobús xa é un agasallo enorme. a ver se así inculcando a dramatización dende peques nos van saír por ahí algún futuro famoso jejeje.