PROXECTO "OS GOLFIÑOS"
O nome do noso blogue ven dado porque a nosa clase recibe ese nome. Chámase así porque así o decidimos entre todos. Foi unha decisión difícil de tomar xa que había varios nomes que optaban ao título pero unha votación máis que democrática fixo que ao final saise vencedor o nome de Golfiños.
E visto o interese que suscitou en nós o tema dos Golfiños, decidimos tamén aprender algo sobre eles. Por iso a nosa profe pediunos información e cousas deses animais. Trouxemos un montón de libros, contos, golfiños de xoguete, fotos, información sacada da rede... E con todas esas cousas establecimos na aula o Recuncho do Proxecto, mirade como nos quedou:
Xa estamos traballando e aprendendo cousas pouco a pouco, vos iremos ensinando o noso traballo.
1 de noviembre de 2009, 11:08
A VERDADE É QUE É UN TEMA BEN FERMOSO, QUEN VOS VERÍA VOTAR, MENUDO BARULLO! JAJAJA
NON SEI NIN COMO CONSEGUE A PROFE QUE TEÑADES TAN COLOCADO.
ARRIBA OS GOLFIÑOS DO MASMA! MOITOS BIQUIÑOS