DÍA DA PAZ
Como o día da Paz é o 30 de Xaneiro e este ano caeu en sábado, no noso colexio celebrámolo o pasado venres pero xa o levamos traballando durante toda esta semana.
Desde o luns, a profe Cris explicounos porque se celebraba o Día da Paz e soubemos que a ONU foi a que estableceu dita celebración en homenaxe a Mahatma Gandhi, un gran defensor da Paz Mundial que foi asasinado un 30 de Xaneiro aló polo ano 1948.
Durante a semana preparamos o mural da Paz, as nosas coroas para a celebración, ensaiamos a canción e falamos sobre o significado da palabra PAZ. E con todo esto quedounos clara unha cousa: A PAZ DEBE EXISTIR TODOS OS DÍAS DO ANO!!!
Deixámosvos unha foto de grupo e unha frase de Mahatma Gandhi:

"Non hai camiño para a Paz, a Paz é o camiño"
1 de febrero de 2010, 11:35
que guapos! de seguro que dentro duns aniños sairán uns magníficos mensaxeiros de paz, alí por onde encamiñen o seu futuro