PARABÉNS DANIELA!!!

Onte, xoves 3 de xuño, estivo de aniversario a nosa compañeira Daniela. Para celebrarlo trouxo un rico biscoito que saboreamos despois de soprar as candeas e cantarlle o "Cumpreanos Feliz".


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

SAN COSME DA MONTAÑA

A semana pasada, en concreto o venres 28 de maio, fomos a pasar o día ao San Cosme da Montaña. Foi unha actividade promovida polo equipo de Normalización Lingüística co fin de disfrutar todos e todas dunha xornada de convivencia.
Os maiores(4º, 5º e 6º), foron camiñando, facendo así un tramo do Camiño de Santiago. Foron acompañados por Raúl, dalgunhas mestras e tamén das nais colaboradoras do comedor. Tod@s foron uns campións e todos chegaron ao San Cosme sen ningún problema, só un pouco coloradiños.
Os demais fomos en autobus. Saimos do cole pasadas as 11 da mañá e unha vez alí agardamos a chegada dos peregrinos.
Despois de soltar a adrenalina libremente polo campo que rodea a Capela de San Cosme, disfrutamos dun xantar todos xuntos: ALUMNOS/AS, MESTRES, COIDADORA E COIDADORAS DO COMEDOR, COCIÑEIRAS, RAFA E RAÚL.
Despois de xantar, uns xogos organizados por Raúl e finalmente tomamos rumbo a Mondoñedo, pero desta volta todos en autobus.
Foi unha xornada agradable da que disfrutamos todos xuntos e na cal o tempo nos acompañou xa que non choveu nin fixo excesiva calor.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

HORARIO DE XUÑO


Recórdovos que a partir de mañá, 1 de xuño, xa non temos clase polas tardes polo que o horario variará. Deste xeito entraremos ás 9:20 h. e sairemos ás 14:05 h.


Os/as nenos/as que comen no comedor sairán ás 15:00 h., uns para a casa e outros para o autobus.


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

CAMIÑO DE SANTIAGO

Mañá teremos unha xornada diferente no colexio. Os nosos compañeiros de 4º, 5º e 6º de Primaria farán un tramo do Camiño de Santiago pertencente ao Camiño Norte e en concreto á etapa 28 do mesmo que vai desde Lourenzá ata Abadín.


Sairán do colexio ás 9:30 e irán pasando por distintas parroquias do concello de Mondoñedo como Barbeitas, Maariz, Padín, Casavella, Pacio, Lousada... Os demais iremos en bus, e sairemos ao redor das 11 da mañá.


O punto de encontro duns e outros será a capela de San Cosme da Montaña, na parroquia de Galgao (Abadín). Unha vez alí disfrutaremos todos xuntos de xogos e do xantar.


Aínda que non sabemos como vai estar o tempo, confiamos en que este nos acompañe así que déixovos unhas reconmedacións para mañá:




  • LEVAR ROUPA E CALZADO CÓMODO.


  • LEVAR GORRA.


  • NON TEMOS QUE LEVAR COMIDA XA QUE O COLEXIO PROPORCIONARANOS UN "PIC-NIC" COMPOSTO DUN BOCADILLO, AUGA E FROITA.


  • BOTAR CREMA PROTECTORA PARA O SOL.


  • E TRAER MOITÍSIMAS GANAS DE PASALO BEN!!!






  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

TRANSPLANTAMOS O "TAGETE"

O pasado venres pola tarde, aproveitando o bo tempo, saimos a fóra para transplantar o noso "tagete". Xa comezaba a quedárselle pequeno o testo que tiña e pasámolo a un máis grande.
Provistos de pá e auga, dirixímonos a unha zona do cole onde poder coller terra e procedimos ao transplante. A operación resultou positiva, ou eso cremos, o luns poderemos ver como está a nosa planta.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

LETRAS GALEGAS

O pasado mércores 19, celebramos o Día das Letras Galegas. Xa o iamos facer o pasado xoves 13 pero o tempo non nos deixou polo que decidimos aplazalo para este mércores.
A xornada comezou coas Carreiras Populares. Raúl e os seus axudantes tíñannos marcados os diferentes percorridos, cada un deles para cada un dos diferentes cursos. Nós, os nenos e nenas de infantil, corrimos detrás do edificio do colexio novo e os maiores comezaban tamén alí pero o seu percorrido íase alongando en función do curso.

Corrimos por aulas e houbo medallas para os tres primeiros nenos e para as tres primeiras nenas de cada aula. Os nosos gañadores foron: ALEJANDRO, YASSINE E DIEGO; E REBECA, LORENA E ADRIANA. Dende aquí doulles a noraboa a
tod@s, porque tod@s participamos e pasámolo xenial aínda que non leváramos medalla.


















Despois das carreiras, houbo a entrega de medallas a tódolos gañadores coa presencia do alcalde de Mondoñedo, Orlando González Cruz, e do concelleiro, Justo Fernández Haro.

Xa pola tarde, tivemos xogos populares os maiores e os pequenos tivemos diferentes actividades e xogos organizados polos nosos profes. O xogo das sillas, circuitos de psicomotricidade... Pasámolo xenial e disfrutamos do bo tempo que tivemos.

Creo que debemos darlle ás grazas a Raúl pola colaboración prestada, a os seus axudantes e tamén ao Rincón que foi quen donou as medallas.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

COMO MEDRAN!!!

Como o prometido é deuda, aquí vos imos a deixar dúas fotos. Unha delas é do noso "tagete", que a verdade é que non tiñamos fe en que sobrevivise pero aí o tedes, todo floreado e con pintas de seguir botando flor. Non nos digades que non está precioso!!!

E a outra foto é a nosa leituga. Cada día medra máis e xa estamos pensando na ensalada que nos imos facer con ela.

Está claro que entre as ventás da nosa clase hai un bo clima pero o noso coidado tamén é importante e para que non morran regámolas a miudo. Seguiremos informándovos da súa evolución.



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS