ESPETOS DE FROITAS CARNOSAS
Coa chegada do Outono, lembramos as características principais desta estación sendo a máis relevante a caída de follas das árbores así como esas tonalidades marróns e amarelas que se poden observar no entorno.
Pero tamén co Outono, comeza a chegar o frío e no súper comezamos a ver froitas que durante o verán non se vían: granadas, mandarinas, uvas, laranxas, mazás... Estas froitas chámanse CARNOSAS.
Ademais de estas froitas carnosas tamén hai unha gran variedade de FROITOS SECOS como as améndoas, avelás, pistachos, noces e CASTAÑAS que teñen un protagonismo especial a través dos MAGOSTOS, festas adicadas a ese froito e onde é habitual comelo asado. No noso cole tamén imos celebrar un MAGOSTO o vindeiro Mércores 11 de Novembro e xa estamos preparándonos para a ocasión.
En fin, que todo este rollo viña para contarvos que aproveitamos este traballo para meternos un pouquiño no mundo da cociña e converternos por un momento nuns verdadeiros cociñeiros.
A profe Cris, preparouno todo. Iamos a facer uns apetitosos ESPETOS DE FROITAS CARNOSAS. As froitas elexidas eran as UVAS, as MAZÁS, as MANDARINAS e os KIWIS. Como bos cociñeiros, primeiro lavamos as nosas mans cun xel especial que mercou a profe e para o cal non se precisa auga! Despois preparamos os ingredientes e... MANS Á OBRA!
Pero antes, traballamos un texto novo: AS RECEITAS DE COCIÑA. Vimos as súas partes e esta vez escribimos os seus ingredientes.
Para que vexades que ben o pasamos e canto nos gustaron eses espetos deixámosvos este video e algunha que outra foto.
9 de noviembre de 2009, 13:07
que magnífica idea! á parte de ser unha actividade onde acadaches que todos se puxeran a traballar con auténticas ganas, conseguiuse que comeran todos froita!!!!!!!!!!
mil aplausos para Cris, Nayara pásao bomba véndoo, sentámonos os tres a mirar e non deixaba de explicarse jajaja