FESTA DO OUTONO
O Luns 9 de Novembro celebramos en Educación Infantil a Festa do Outono. Para iso trouxemos da nosa casa diferentes cousas:
- FROITAS CARNOSAS: kiwis, laranxas, mazás, uvas...
- FROITOS SECOS: pistachos, noces, avelás, améndoas...
- POSTRES ELABORADOS CON ALGUNHA DAS FROITAS OU FROITOS ANTERIORES.
Tódolos nenos e nenas aportaron algo á festa e por iso lles damos as grazas a tod@s e tamén ás familias pola súa colaboración.
Os nosos mestres prepararon todo, incluso elaboraron uns ricos espetos de froitas. Todo estaba boísimo!!!
29 de noviembre de 2009, 4:08
Grazas aos mestres!,para os nosos nenos era algo novidoso e de seguro que á parte de degustar de todo, o pasaron xenial ao poder compartir a festa cos seus amigos.
moitos besotes de Nayara que xa ten moitas gañas de volver a estar na clase con todos, muassssss