LETRAS GALEGAS
Corrimos por aulas e houbo medallas para os tres primeiros nenos e para as tres primeiras nenas de cada aula. Os nosos gañadores foron: ALEJANDRO, YASSINE E DIEGO; E REBECA, LORENA E ADRIANA. Dende aquí doulles a noraboa a tod@s, porque tod@s participamos e pasámolo xenial aínda que non leváramos medalla.
Despois das carreiras, houbo a entrega de medallas a tódolos gañadores coa presencia do alcalde de Mondoñedo, Orlando González Cruz, e do concelleiro, Justo Fernández Haro.
Xa pola tarde, tivemos xogos populares os maiores e os pequenos tivemos diferentes actividades e xogos organizados polos nosos profes. O xogo das sillas, circuitos de psicomotricidade... Pasámolo xenial e disfrutamos do bo tempo que tivemos.
Creo que debemos darlle ás grazas a Raúl pola colaboración prestada, a os seus axudantes e tamén ao Rincón que foi quen donou as medallas.